Nadal

Etiquetas:
21/12/2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, o vindeiro martes, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo, pero para asistir é obrigatorio presentar o certificado de vacinación contra o coronavirus.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “chegadas as datas do Nadal temos, como non podía ser menos, o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo Aquí como en Viena, que celebraremos o martes 28 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Vai ser un concerto con dúas partes: a primeira un pouco máis lúdica e amena, con obras que seguramente coñeza bastante o público asistente; e unha segunda parte dedicada a Viena, con polcas e valses típicos, que se soen interpretar...

leer más
Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.

 

Etiquetas:
20/12/2021

O programa súmase aos concertos e obradoiros xa anunciados, así como ao Belén “Viveiro ante o Berce”

O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal, ofrecendo opcións para todas as idades. Este programa súmase aos primeiros espectáculos xa anunciados para esta fin de semana, así como aos obradoiros propostos para a infancia. 

“Este ano decantámonos por un programa de pequeno formato, que nos permita manter a atención á evolución sanitaria pero sen perder a maxia e a ilusión que caracterizan estas datas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura. 

A programación de Nadal comezará o próximo martes 21 de decembro, co concerto de Petit Band do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, e estenderase ata o próximo 8 de xaneiro. 

... leer más
Etiquetas:
19/12/2021

O Concello de Cervo programa para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada na tarde de onte polo alcalde Afonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas - Fervenza de Sargadelos, Airiños do Xunco, Escola de Artes Marciais de Cervo, grupo de teatro Bordelo e a asociación de veciños de San Román-.

A programación xa deu comezo onte, sábado con diversas actividades como o mercado de Nadal, deportes e música. 

Para o martes 21 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios da man...

leer más
Etiquetas:
17/12/2021
O Concello de Foz presentou hoxe, venres, a programación cultural de Nadal, “pensada para que desfruten os máis cativos e para que os maiores volvan a ser nenos”, comenta o alcalde focense, Fran Cajoto.
 
A concelleira Inés López Couto explica que “dende a Delegación de Cultura traballouse para cubrir un amplo abano de posibilidades para que todo o Nadal de Foz guste a todas e todos” e quere “que os máis pequenos desfruten e sexan felices despois dun período complicado no que se están a portar moi ben. En coordinación con Papá Noel e os Reis Magos traemos unha programación á súa medida.”
 
A edil de Cultura especifica que “a programación inclúe teatro infantil e para adultos, concertos de panxoliñas e actividades para os máis pequenos. Os días...
leer más
Etiquetas:
16/12/2021

A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.

No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.

O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.

A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión  africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás...

leer más
Etiquetas:
16/12/2021

Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Pública de Alfoz levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa, que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz desde o 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.

O primeiro día desta programación, o luns 27, participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola asociación de veciños San Mamede das Oiras. E o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etcétera.

Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558. 001 (extensión 2).

 

Etiquetas:
16/12/2021

O Concello de Viveiro informa da apertura do mercado de Nadal “A Trastenda de Nicomedes” este sábado, 18 de decembro, ás 11:00 horas . O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello de Viveiro no marco do seu programa de Nadal. 

“O noso mercado de Nadal consolídase como unha cita de referencia, na que descubrir o comercio e a artesanía de proximidade, e converténdose nun atractivo para os visitantes nestas datas”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 

Nesta edición participan un total de 16 artesáns e artesás. Concretamente, estarán presentes: Rappa Taller, Conloquetengo, Sol Rujas, Artesanía Nia, David Catá, Taller Viola, La Bellota Mágica, Paula dimé, Obradoiro Taxus de madeira, Licores Os Maios, Salsagaucha, Kiyoko Sato,...

leer más
Etiquetas:
15/12/2021

Cervo acollerá o sábado 18 de decembro o XIII Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu nas modalidades de Kata de base e Goshin Shobu (defensa persoal).

O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-Jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
 
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón Municipal da Veiga. Ao campionato acudirán participantes das catro provincias galegas.

Estímase que serán medio cento os participantes, desde a categoría alevín ata senior. Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 6 categorías.

Etiquetas:
14/12/2021

A Concellería de Cultura presentou as actividades de Nadal. Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro estará instalada unha carpa na praza da Mariña na que haberá diversas propostas para os máis pequenos. Ademais o 28 de decembro terá lugar o musical infantil Es Navidad! e o día 30 percorrerá as rúas da localidade a charanga NBA.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “o primeiro que temos é o día 22 a inauguración da carpa que instalaremos na praza da Mariña, como en anos anteriores menos o ano pasado que non se puido pola pandemia. Vai acoller actividades e diferentes xogos e a xente poderá apuntarse para pasar alí a mañá ou a tarde, ou mercar o bono completo para todos os días destas festas de Nadal. O horario será de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde. Vai haber tamén algunha actividade gratuíta dentro da carpa...

leer más