LGTBI+
Este mércores, 10 de xuño, terá lugar unha charla de Arelas. A actividade enmárcase na programación do Orgullo LGTBI de Ribadeo.
Desde o CIM indican que “o Orgullo tamén é aprender, escoitar e acompañar”. E explican que “dentro da programación do Orgullo LGTBI de Ribadeo, temos o pracer de contar coa charla de ARELAS, asociación de familias de infancia e mocidade trans de Galicia, unha entidade de referencia no acompañamento, apoio e visibilización das realidades trans.
Trátase dun espazo para coñecer mellor as vivencias da infancia e mocidade trans, resolver dúbidas e derrubar prexuízos. Porque celebrar o Orgullo tamén significa promover a empatía e garantir que todas as persoas poidan vivir con liberdade e dignidade”.
A charla será impartida por Cristina Palacios, traballadora social...
leer másO Concello de Foz promove “lecturas con orgullo” e mostra orgulloso as cores da bandeira LGTBI, que os edificios municipais mostran en balcóns e ventás.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, destaca que “o 28 de xuño é un día no que sentirnos orgullosos, no que debemos defender a igualdade para calquera, do xeito que se sinta, sexa ou queira ser.” Anuncia tamén que nos vindeiros meses se programarán diferentes actividades desde a área xa que “non só este día é o do orgullo senón que debemos sentirnos orgullosos sempre. E para iso o máis importante é educar nuns valores nos que prevalezan, por enriba de todo, a igualdade e o respecto”.
Dende a delegación de Cultura, no departamento de biblioteca, programouse unha mostra bibliográfica na que se expoñen libros para infantil e adulto sobre temática...
leer másO Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.
O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.
O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.
O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.
O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI...
leer más





