A asociación cultural O Picato convoca un concurso de decoración de Nadal en Trabada

A asociación cultural O Picato, de Trabada, convoca un concurso de decoración de Nadal que “será de adornos feitos de materiais reciclados, que serán expostos na Praza do Concello”.

As bases do certame son as seguintes: “os adornos terán que ser realizados con materiais reciclados (rodas, plásticos, madeira...) e de temática navideña; serán expostos na Praza do Concello, sendo data límite de entrega o 18 de decembro e quedando alí ata o 7 de xaneiro; os participantes poñeranse en contacto cos membros da directiva para a coordinación de entrega dos mesmos; poderá participar calquera persoa, asociación ou entidade; os premios serán de carácter presencial, sendo a entrega dos mesmos o día do Mercadiño de Nadal (20 de decembro) sobre as 19:00 horas; os membros do xurado serán persoas alleas á directiva da A.C. O Picato para unha maior imparcialidade; valorarase segundo os criterios de orixinalidade, traballo e tamaño; enviaranse fotos previas á exposición dos traballos ó número 652.144.194”.

Os premios son: primeiro, de 75 euros; segundo, de 50 euros; e terceiro, de 25 euros.