
O Concello de Cervo anuncia que comezan os Brincos de Nadal este sábado, día 27 de decembro, actividades para as crianzas que haberá tamén os días 2 e 3 de xaneiro, venres e sábado.
“Este sábado a diversión chega por partida dobre para as crianzas cos nosos Brincos de Nadal. Ás 12.00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, en colaboración coa asociación Airiños do Xunco; e ás 17.00 horas na Casa da Cultura. Xogos, risas e moitos brincos para gozar do Nadal en Cervo”, explica o Concello.


