
Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebra o San Caetano e a XXIX Festa da Tortilla esta fin de semana, sábado 15 e domingo 16 de agosto.
As actividades comezarán o sábado de 11:30 a 13:30 horas coa presentación das tortilla para o concurso no campo da festa, onde tod@s os participantes levarán un agasallo no momento de entregar as tortillas.
Ás 13:00 horas celebrarase misa na capela e procesión. De seguido comezará a sesión vermú coa Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e a charanga Sorcha, de Ourense. Despois farase a degustación das tortillas do San Caetano.
Ás 19:00 horas actuará Pulpiño Viascón co espectáculo O sombreiro máxico. Ás 20:00 horas haberá xogos tradicionais e ás 22:00 horas comezará a verbena amenizada polo grupo Toxo Guayaba (música cubana con alma galega). Tamén haberá Baile do Farolillo, entrega de premios e chocolatada.
E o domingo ás 13:30 horas comezarán a sesión vermú coa charanga Bamboleo, de Rábade. Haberá degustación de xamón cocido e caldo.
Ás 17:30 horas terá lugar o concurso Máster Tortilla e ás 18:00 horas será a entrega de premios e o remate da festa.


