A asociación cultural O Picato organiza un magosto en Trabada o 7 de novembro

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un magosto para o día 7 de novembro, venres. Será na Praza do Concello desde as 21:00 horas

“Non vos esquezades de mercar os vosos tickets de callos, pastelón e lacón ata o 4 de novembro en Librería Aenlle ou no Spar Express. Teremos música en directo a cargo de Luis Rey, e a continuación tocará Dj Billy. Contaremos tamén coa colaboración do Motoclube A Cadeira, que será o encargado de poñer a barra”, anuncia  asociación cultural O Picato.