Ruta

Etiquetas:
30/05/2023

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a Piornedo (Ancares) os días 16, 17 e 18 de xuño.

A saída será o venres 16 ás 18:30 horas do Cantón de Vilanova. O sábado 17 terá lugar a ruta do Pico Agulleiro, de 14 quilómetros e unha dificultade media-alta; e o domingo 18 a do Sendeiro Novo, de 8 quilómetros e dificultade baixa.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 14 de xuño ás 20:00 horas, no teléfono 647 06 70 54. Os prezos son: 110 euros para os socios e 120€ para os non socios. O réxime de aloxamento é de media pensión. A asociación subvenciona parte da viaxe aos socios. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
22/05/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena, no municipio de Trabada, para o 27 de maio, sábado. A distancia son 10,3 quilómetros e a dificultade é meida-baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no mesón Camiño Norte, de Trabada.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 24 de maio, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son. 

 

Etiquetas:
02/05/2023

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio. 

O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa. 

As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros. 

Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso...

leer más
Etiquetas:
26/04/2023

Trátase dunha actividade guiada "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana" na que se unen os concellos de Barreiros e Lourenzá. É unha  ruta de 9 kms dende Vilamartín Grande ata Lourenzá polo Camiño Norte.

E haberá unha posterior visita guiada na Casa do Concello con Manuel Román Ramos e José Manuel García.

A ruta foi presentada polas alcaldesas, Rocío López e Ana Ermida, e por representantes da Mesa don Paco. Colabora a Deputación Provincial de Lugo. 

Haberá servizo de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá (ida) e San Cosme de Barreiros (ida e volta)

Imprescindible inscrición previa ata o 4 de maio nos teléfonos: Barreiros (982.124.106) e Lourenzá (982.121.006 - 634.898.133).

 

Etiquetas:
10/04/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta das Lagoas, no municipio de Cospeito, para o 23 de abril, domingo. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Paca, de Xermar.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 19 de abril, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. 

 

Etiquetas:
03/04/2023

A Pontenova acollerá o 15 de abril, sábado, a sétima edición da ruta ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova.

A saída será ás 10:00 horas dende a área recreativa do Pozo da Ola e haberá comida no hotel restaurante San Briz. A música correrá a cargo de Pedro BRMUDZ.

 

Etiquetas:
02/04/2023

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta á localidade asturiana de Ribadesella o 16 de abril.

Os organizadores explican que “haremos esta hermosa ruta atravesaremos la Cuevona y seguiremos por la ruta de los Molinos de Cueves. Después de comer visitaremos la cueva de Tito Bustillo y el centro de Arte Rupestre, en Ribadesella”.

E engaden que “debido al horario de visita que nos dieron nos vemos obligados a llevar cada uno su comida y a comer en Cueves al terminar”.

A saída da viaxe terá lugar o 16 de abril ás sete da mañá desde Foz e ás 7:15 horas desde Ferreira. O último día para anotarse será o mércores 5 de abril. As persoas interesadas en acudir poden ponerse en contacto cos teléfonos 606 71 84 82 (Laura) – 670 36 90 17 (Morís).

Etiquetas:
14/03/2023

Este domingo, día 19 de marzo, celebrarase en Xove a XXIV edición da ruta cabalar que organiza a asociación equina A Medela coa colaboración do Concello de Xove.

O percorrido empezará ás 10:00 horas desde o campo da igrexa de Sumoas, no medio da ruta por fermosas paisaxes do municipio de Xove haberá pinchos para os participantes e ao rematar terá lugar un xantar na carpa situada no campo da igrexa de Sumoas, comida que estará amenizada por un grupo musical. Tamén se fará un sorteo de agasallos entre os asistentes.

O prezo é de 28 euros por persoa e o prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 16 de marzo.

 

Etiquetas:
09/03/2023

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro 12 de marzo un Domingo de Ruta e Cocido. Será por Negueira de Muñiz.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás oito da mañá de Barreiros, a carón do centro de saúde. Cando cheguemos a Negueira de Muñiz visitaremos a partir das dez da mañá o encoro e despois faremos unha pola zona ata o miradoiro que está situado na cola do encoro. E remataremos a xornada cun xantar no restaurante Vizcaín, alí en Negueira de Muñiz”.

Gómez Puente indica que “o menú consistirá en sopa, cocido tradicional, bodega, postre e café. O prezo para os socios será de 40 euros e para os non socios de 45 euros”.

E engade: “agardamos disfrutar dun bo domingo, en plena natureza  na montaña de...

leer más
Etiquetas:
01/03/2023

O Concello de Cervo será o escenario este próximo domingo, 5 de marzo  da tradicional Ruta de Enduro Medela MTB, que xa vai pola XIII edición. 

A cita deportiva foi presentada este mércores pola tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, na contorna da Ponte do Bao, en San Ciprián, un dos lugares polos que transcorre a carreira.

A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.200 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.

...

leer más