A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.