Ruta

Etiquetas:
30/03/2026

En Foz está todo listo para a celebración das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA do 2 ao 4 de abril. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “chega unha nova edición das nosas Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos oito locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: A Rambla-Pachán, Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Mexideli, Tangarta e Xoyma.

Paleo dixo que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre é un reclamo e ten moi boa acollida, e agardamos que as Santas Tapas neste 2026 repitan éxito”.

A Rambla-Pachán ofrecerá salpicón de...

leer más
Etiquetas:
21/03/2026

O municipio de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello, que anuncia: “a saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia”.

O Concello de Cervo explica tamén que “unha vez rematada a ruta a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella,...

leer más
Etiquetas:
17/03/2026

A Asociación A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova) organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, “para gozar da natureza e da historia mineira”. Será o sábado 4 de abril con saída desde a Praza dos Fornos as 10:30 horas para facer un percorrido de 5 quilómetros e unha comida campestre no Forno do Boulloso.

O prezo desta actividade é de 10 euros, as prazas son limitadas e os tickets para participar poden recollerse en Librería Eugenia ata este venres, 20 de marzo.

12/03/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de Marzo, sábado, un percorrido polo municipio asturiano de Grandas de Salime. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán e despois visitarán o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.

Etiquetas:
11/03/2026

O Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026. A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.

“A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido. Ao finalizar a...

leer más
10/03/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Grobos, no municipio lucense de Becerreá, este domingo, día 15 de marzo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 12 de marzo.

01/02/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 15 de febreiro, domingo, un percorrido pola Ruta del Estraperlo, no municipio asturiano de Vegadeo. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido de Entroido.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 11 de febreiro. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.

Etiquetas:
27/01/2026

O día 8 de marzo, domingo, partirá de Ribadeo a quinta edición da ruta Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar este martes a presentación, na que participaron o alcalde, Dani Vega; a concelleira de Turismo, Marta Saiz; o presidente da asociación de Amigos del Camino del Mar (organizadora do evento), Manuel Vicente; e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Manuel Vicente indicou: “eu creo que o Camiño do Mar é unha oportunidade non só para a Ribadeo, senón para a toda comarca e un pouco tamén recuperar a hospitalidade que sempre tivo Ribadeo, a hospitalidade que sempre tivo a comarca, e é invitar a toda a xente que poida a participar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello para recorrer os 280 quilómetros, contando coa colaboración de todos os concellos polos que pasa o Camiño do Mar. Agradecervos...

leer más
11/01/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 18 de xaneiro, domingo, unha ruta no municipio coruñés de Ortigueira, concretamente polo tramo do Camiño Natural do Cantábrico desde o banco de Loiba ata o paseo marítimo de Espasante. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 15 de xaneiro. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.

09/12/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta do Muiñeiro Namorado, no municipio da Pontenova para este sábado, día 13 de decembro. A distancia a percorrer son 9 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Lar de Balbina.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 10 de decembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.