Xincana
O Concello de Alfoz organiza o vindeiro 11 de setembro a primeira edición da Xincana da Creatividade, “unha nova proposta de lecer dirixida tanto á mocidade como á poboación adulta, que terá como escenario o entorno do Castelo de Castrodouro”.
A actividade desenvolverase entre as 19:00 e as 21:00 horas, cunha duración aproximada de 120 minutos, e combinará diferentes probas inspiradas nos escape rooms con retos de enxeño, cooperación e creatividade que os participantes deberán ir superando en equipo.
A Xincana da Creatividade “está especialmente pensada para participar en grupos de amigos ou en familia, favorecendo a colaboración entre persoas de diferentes idades. Poderán participar tanto novos como adultos e, no caso de que nun equipo haxa menores de 13 anos deberá formar parte do grupo polo menos unha persoa...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada. Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa”.
O edil ribadense contou que “se trata dunha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media”.
Silvent dixo que “a inscrición é gratuíta e pode realizar a través de www.xestanatureza.com Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo...
leer másO Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana.
Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na...
leer más







