Creatividade

Etiquetas:
28/08/2026

O Concello de Alfoz organiza o vindeiro 11 de setembro a primeira edición da Xincana da Creatividade, “unha nova proposta de lecer dirixida tanto á mocidade como á poboación adulta, que terá como escenario o entorno do Castelo de Castrodouro”.

A actividade desenvolverase entre as 19:00 e as 21:00 horas, cunha duración aproximada de 120 minutos, e combinará diferentes probas inspiradas nos escape rooms con retos de enxeño, cooperación e creatividade que os participantes deberán ir superando en equipo.

A Xincana da Creatividade “está especialmente pensada para participar en grupos de amigos ou en familia, favorecendo a colaboración entre persoas de diferentes idades. Poderán participar tanto novos como adultos e, no caso de que nun equipo haxa menores de 13 anos deberá formar parte do grupo polo menos unha persoa...

leer más