A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta na Pontenova para este sábado, 13 de decembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta do Muiñeiro Namorado, no municipio da Pontenova para este sábado, día 13 de decembro. A distancia a percorrer son 9 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Lar de Balbina.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 10 de decembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.