A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo municipio asturiano de Santa Eulalia de Oscos para o 15 de novembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta con arte, no municipio asturiano de Santa Eulalia de Oscos, para o día 15 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 11 de novembro. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.