Camiño Norte
07/12/2015
Ata o 11 de xaneiro pódese visitar unha exposición sobre o Camiño Norte na Sala de Exposicións da OMIC (oficina municipal de información ao consumidor), onde tamén se encontran as dependencias da oficina de turismo. O concelleiro Farruco Graña dixo que “de paso que nos achegamos ao parque de San Francisco para ver a feira de Artesanía, ou máis adiante para visitar o parque infantil ou a pista de xeo, poderemos tamén achegarnos á Sala de Exposicións da OMIC e contemplar unha exposición sobre o Camiño Norte que nos achega ata Ribadeo o Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba”.
O edil nacionalista explicou que “esta entidade ten como fin a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e a difusión da Cultura Galega, especialmente no que se refire á lingua, á historia...
leer más 20/10/2015
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña promoverá o Camiño de Santiago de Compostela e o turismo en familia na bisbarra a través de Camiño Norte, Feitizo da Natureza. O proxecto, que conta co apoio da Mancomunidade da Mariña Lucense, ofrece a posibilidade de imbuírse da beleza paisaxística, cultural e artística da comarca, unha riqueza accesible para calquera visitante en calquera época do ano, percorrendo as etapas de Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín entre os días 1 e 2 de novembro; a actividade é totalmente gratuíta e dispón de prazas limitadas.
Todas as familias interesadas en descubrir a maxia do Camiño Norte poden formalizar a súa solicitude para participar na actividade na sede da Fundación Imdecum (...
leer más




