Lonxa
A segunda edición da Festa da Ría celebrarase xunto á lonxa de Ribadeo día 24 de agosto, sábado.
A Asociación Cultural e Lúdica Catro Caños, de Ribadeo, anuncia: “o pasado ano tivemos o pracer de celebrar xunto á Asociación de Percebeiros O Cerredo a primeira Festa da Ría na lonxa de Ribadeo, e vamos coa segunda. Festa para gozar dos marabillosos produtos locais que nos brinda a nosa ría ao son da mellor música tradicional”
A partir das 12:00 horas haberá degustación de mexillóns e ostras da Ría de Ribadeo, empanada e música en directo con Pandereteiros do Inferno, Tumba e Dálle e DJ Tralla.
Do 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela, un xeito de coñecer todas as especies que capturas os barcos dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O 1 de xullo será ás 18:30 horas e o 2 de xullo ás 19:30 horas.
É preciso reservar praza en rutadopeixe.burela.org
O Concello de Burela ofrece ademais durante o verán visitas ao barco museo Reina del Carmen, á Moncloa, a unha conserveira, á igrexa de Vila do Medio así coma un interesante programa de xeorutas. Todo a información está dispoñible en www.burela.org
A lonxa de Burela acollerá este mércores, 27 de novembro, pola mañá unha nova xornada do proxecto 'PEQUE-PEIXE', organizada pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo en colaboración con Armadores de Burela e que ten como obxectivo formar aos nenos de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
No acto participarán 139 nenos de 10 e 11 anos de 5º e 6º de Educación Primaria de varios colexios públicos da contorna: CEIP Virxe do Carme de Burela, CEIP Península da Paz de San Cibrao, CEIP Plurilingüe Número 1 de Foz e Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz.
A xornada comezará ás 10:30h coa visita dos pequenos á lonxa ABSA de Burela, onde aprenderán a diferenciar as principais especies pesqueiras e as etiquetas do peixe fresco.
Ás 11:25h os alumnos recibirán...
leer másO vindeiro luns, 8 de xullo, dará comezo unha nova edición das Rutas da Lonxa que se prolongarán ata o 31 de agosto. Trátase do segundo ano no que Absa (Armadores de Burela) e o Concello levan adiante esta iniciativa. As visitas serán os luns, en horario de 18:30 a 19:30; os martes, mércores e xoves ás 19:30 e 20:30 horas; e os venres ás 19:00 e ás 20:00 horas. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo, agás os luns que terán que realizarse con antelación. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliña que estas visitas son unha maneira de poñer en valor o traballo dos mariñeiros e tamén o valor do peixe.
O edil burelés anunciou que “por segundo ano, o Concello de Burela en colaboración con Absa, imos iniciar as Rutas da Lonxa. O ano pasado era a primeira vez que se facían estas visitas organizadas pola lonxa de Burela....
leer másA lonxa de Burela acollerá o vindeiro xoves, 2 de maio, a presentación do proxecto 'PEQUE PEIXE', unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que ten como obxectivo formar aos nenos de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
No acto, que terá lugar na lonxa de ABSA en Burela, participarán 132 nenos de 7 e 8 anos de varios colexios públicos da comarca: CEIP Virxe do Carme de Burela, CEIP Fondo Nois (Foz) e CEIP Península da Paz de San Cibrao.
O evento conta coa colaboración de Armadores de Burela (ABSA), a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do seu Secretario Xeral, Valentín García.
Para este proxecto desenvolvéronse 6 unidades didácticas adaptadas a...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente e Absa organizan rutas á lonxa burelesa dende o vindeiro luns, 16 de xullo, ata o 31 de agosto. Trátase dunha nova iniciativa para dar a coñecer os atractivos turísticos de Burela, neste caso o porto pesqueiro.
A denominada Ruta da Lonxa desenvolverase para grupos de trinta persoas, en horario de 18:30 a 19:30 horas os luns, de 19:30 a 20:30 horas de martes a xoves e de 19:00 a 20:00 horas os venres. As persoas interesadas poden facer as súas inscricións de martes a venres na Oficina de Turismo, e os luns no Concello de Burela.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “desde o Concello de Burela, concretamente desde a Delegación de Turismo en colaboración coa de Medio Ambiente, imos iniciar unha nova experiencia, neste caso en colaboración con Absa,...
leer más