Outono
O Concello de Alfoz organiza o Ciclo de Teatro de Outono que comezará o venres, 26 de outubro, coa sesión de contacontos a cargo do grupo A Biblioteca Secreta, con Marisa Irimia como narradora. Será ás 15:00 horas e inclúese no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
O sábado, 27 de outubro, o grupo A Peneda representará a obra A cea dos idiotas. Terá lugar ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 2 de novembro o grupo Elefante Elegante presentará a obra Asubíos, ás 19:00 horas, e incluído no programa Falaredes da Xunta de Galicia.
O 3 de novembro, o grupo Unidade do Zono representará a obra Tren a Nápoles, ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 10 de novembro o grupo Os pícaros de Lagoa, presentará a...
leer másO Concello de Alfoz organiza as Rutas de Outono que se celebrarán nos meses de outubro, novembro e decembro.
Darán comezo o domingo, 21 de outubro, coa Ruta dos Castelos, que sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta da Fervenza do Escouridal, que sairá ás 9:30 horas da Casa da Cultura de Alfoz. O nivel de dificultade é medio-baixo cunha distancia de 5´2 quilómetros e unha duración de dos horas e media.
No mes de novembro, o día 18 farase a Ruta do Río Ouro, que sairá ás 9:30 horas da área recreativa da Pontenova. A dificultade é baixa (ideal para nen@s), ten unha distancia de 3´6 quilómetros e unha duración aproximada dunha...
leer másA vindeira fin de semana, o sábado, 18 de novembro, a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro vai celebrar, xa inmersos nunha climatoloxía outona, o xa tradicional Mercado de Outono.
Desde o Concello indican que aínda quedan prazas para que se anoten postos e poden facelo en horario de mañá no seguinte número de teléfono 982 57 15 16.
O 18 de novembro desde as 10 da mañá, pola rúa Andrés López Palmeiro haberá artesanía e produtos de tempada. A media mañá no posto do Concello farase unha degustación de caldo de castañas e ao remate da mañá sortearase entre todos os asistentes un lote de produtos.
A nota musical vaina poñer a SCR Ledicia, de Burela, dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo.
A xornada rematará coa celebración do tradicional...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián acollerá o vindeiro venres, 3 de novembro, a VI Larpeirada de Ourizo de Outono
Na programación figura un concurso gastronómico de postres de castañas. Os participantes deberán entregar os seus postres ás 16:30 horas, ás 17:00 horas será a degustación por parte do xurado; e xa ás 18:00 horas está prevista a entrega de premios.
Ás 18:30 horas haberá unha actuación dedicada ao público infantil.
A continuación, collerá o testigo o Magosto Popular, organizado pola Asociación Clan, en colaboración co Concello de Cervo. Será a partir das 19:00 horas; e haberá castañas asadas, e tapas de xamón cocido, chourizo e patacas; e orella.
O evento estará amenizado con música tradicional; e ao remate do magosto haberá un concerto con música en directo...
leer másO Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Alcade de Alfoz, Jorge Val Díaz,presentaron este mércores, na Casa da Cultura do municipio, o Ciclo de actividades de outono.Trátase da programación cultural que organiza o Concello coa colaboración da Deputación, que encherá de teatro a Casa da Cultura de Alfoz durante as fins de semana. Inclúe 6 representacións teatrais, totalmente gratuítas, de grupos de teatro da provincia. O Goberno da Deputación colabora con esta e outras iniciativas que se celebran no Concello de Alfoz, a través dunha achega económica de 8.000 euros e do Buxiganga. Faino na súa aposta pola dinamización económica e social do rural, levando actividades, de balde, durante todo o ano.
Vidal Baamonde explicou que “esta iniciativa, ao mesmo tempo que fomenta a cultura, contribúe ao impulso da económica deste Concello da...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4