Outono

30/10/2017

A Casa do Mar de San Ciprián acollerá o vindeiro venres, 3 de novembro, a VI Larpeirada de Ourizo de Outono

Na programación figura un concurso gastronómico de postres de castañas. Os participantes deberán entregar os seus postres ás 16:30 horas, ás 17:00 horas será a degustación por parte do xurado; e xa ás 18:00 horas está prevista a entrega de premios.

Ás 18:30 horas haberá unha actuación dedicada ao público infantil.

A continuación, collerá o testigo o Magosto Popular, organizado pola Asociación Clan, en colaboración co Concello de Cervo. Será a partir das 19:00 horas; e haberá castañas asadas, e tapas de xamón cocido, chourizo e patacas; e orella.

O evento estará amenizado con música tradicional; e ao remate do magosto haberá un concerto con música en directo...

leer más
Etiquetas:
04/10/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Alcade de Alfoz, Jorge Val Díaz,presentaron este mércores, na Casa da Cultura do municipio, o Ciclo de actividades de outono.Trátase da programación cultural que organiza o Concello coa colaboración da Deputación, que encherá de teatro a Casa da Cultura de Alfoz durante as fins de semana. Inclúe 6 representacións teatrais, totalmente gratuítas, de grupos de teatro da provincia. O Goberno da Deputación colabora con esta e outras iniciativas que se celebran no Concello de Alfoz, a través dunha achega económica de 8.000 euros e do Buxiganga. Faino na súa aposta pola dinamización económica e social do rural, levando actividades, de balde, durante todo o ano.

Vidal Baamonde explicou que “esta iniciativa, ao mesmo tempo que fomenta a cultura, contribúe ao impulso da económica deste Concello da...

leer más
06/11/2016
O 12 de novembro terá lugar o III Mercado de Outono en Ferreira do Valadouro. Haberá postos de venda de produtos estacionais e de artesanía, xogos, tapeo e música.
 
O vindeiro sábado, 12 de novembro, celébrase o III Mercado de Outono polas rúas de Ferreira con pasarrúas, tapeo e moitas outras actividades.
 
Nesta ocasión, o mercado vai durar durante toda da xornada no que se poñerán postos de produtos estacionais e postos de artesanía variada.
 
Pola tarde, a partires das 16:00 horas haberá numerosos xogos populares e tradicionais que se van desenrolar no aparcadoiro municipal da Avenida da Veiga. Estes xogos están orientados para un público un pouco máis infantil e xuvenil.
Ao rematar o mercado comezará unha ruta de tapeo con produtos de tempada amenizada por grupos de cantos de taberna que percorrerán os 12 locais participantes. Tamén na hostalería, contarán...
leer más