Porcillán

15/07/2025

A festa do Carme celebrase na zona portuaria de Ribadeo esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xullo.

O sábado ás 13:45horas haberá sesión vermú co grupo Las Vegas Galicia, que tamén actuará na verbena. E ás doce da noite haberá un concerto de La Penúltima Sabinera, grupo tributo ao cantautor Joaquín Sabina.

E o domingo ás 12:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa da Atalaia. Ao remate farase a procesión coa imaxe da Virxe do Carme desde a Atalaia ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima, que irá acompañada polo cuarteto Illa Pancha. De volta ao porto a Coral Polifónica de Ribadeo cantará unhas pezas, entre elas a Salve Mariñeira. Ás 14:00h haberá sesión vermú a cargo da orquestra Channel, que tamén actuará na verbena, xunto ao grupo Eureka.

Etiquetas:
15/07/2024

Na zona portuaria de Ribadeo celebraranse esta fin de semana, desde o venres 19 ata o domingo 21 de xullo, as festas do Carme, nas que haberá un tributo a Juan Pardo a cargo do grupo Xuntos pola Música, formado por Lys Pardo, Antonio Barros, iAlma y Fernando Calderón, e que interpreta grandes cancións compostas por Juan Pardo. Será na verbena do venres, na que tamén actuará o grupo Rubí.

O sábado ás 12:00 horas celebrarase unha homenaxe aos patróns maiores de Ribadeo, na confraría de pescadores. Ás 13:45 horas empezará a sesión vermú, co grupo Alaska, que tamén actuará na festa verbena xunto ao grupo La Diferencia.

E o domingo haberá misa solemne ás 16:00 horas na igrexa da Atalaia e a continuación empezará procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima. Estará...

leer más
Etiquetas:
09/09/2020

ACISA Ribadeo presentará as denominacións Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán co fin de promocionar eses lugares e levar a cabo actividades propias para eles. A primeira será unha exposición fotográfica que será inaugurada nos vindeiros días. 

A asociación cumpre así co compromiso adquirido por parte da súa executiva e da xerencia na asemblea xeral celebrada o pasado mes de xaneiro que, a pesares da actual situación, puido sacar adiante coa colaboración da Xunta de Galicia.

ACISA Ribadeo presentou hoxe estas dúas novas denominacións: Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán. Con estas marcas, a patronal ribadense busca potenciar a imaxe turística de ambos lugares, poñendo en valor a súa gastronomía, a súa contorna e as súas opcións de ocio.

O presidente...

leer más