Ribadeo celebra a festa do Carme os días 19 e 20 xullo no porto

A festa do Carme celebrase na zona portuaria de Ribadeo esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xullo.

O sábado ás 13:45horas haberá sesión vermú co grupo Las Vegas Galicia, que tamén actuará na verbena. E ás doce da noite haberá un concerto de La Penúltima Sabinera, grupo tributo ao cantautor Joaquín Sabina.

E o domingo ás 12:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa da Atalaia. Ao remate farase a procesión coa imaxe da Virxe do Carme desde a Atalaia ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima, que irá acompañada polo cuarteto Illa Pancha. De volta ao porto a Coral Polifónica de Ribadeo cantará unhas pezas, entre elas a Salve Mariñeira. Ás 14:00h haberá sesión vermú a cargo da orquestra Channel, que tamén actuará na verbena, xunto ao grupo Eureka.