Rutas
O primeiro é o 23 de abril, por terras asturianas. Con esta viaxe devolve a visita á asociación de Mies, de Oviedo. A organización espera que para este irmanamento vaia moita xente e lembra que o grupo asturiano veu con arredor de 50 persoas, polo que pretende amosarlle a súa gratitude pola visita realizada a Foz.
O segundo andareiro, organizado por Sendeiros de Foz durante o mes de abril, é os días 29 e 30 de abril, á localidade da Cañiza en Pontevedra, para participar no Día Nacional do Sendeirista. Nesta cita participarán persoas chegadas de toda España polo que os organizadores tamén pretenden asistir cun grupo numeroso.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse na viaxe a Asturias remata o 19 de abril, e no desprazamento á Cañiza o 12 de abril. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670...
leer másO grupo de sendeirismo da ACD Xove fará a presentación das Rutas de Sendeirismo-2017 o 18 de marzo. O acto terá lugar na Aula de Formación do Concello de Xove ás 19:30 horas.
Nesta presentación farase entrega a cada asistente dun calendario de rutas, farase unha explicación de cada unha delas, e tamén se falarán de asuntos de organización para a presente tempada de Sendeirismo.
Desde o grupo de sendeirismo da ACD Xove convidan a tod@s amantes das andainas na natureza a asistir a esta presentación, e participar nesas rutas que programan para este ano coa colaboración do Concello de Xove.