Rutas
O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.
Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo...
leer másPor Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.
O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...
leer másBoa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.
Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...
leer másO 8 de outubro arrinca a cuarta edición de A Mariña en Ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 10 roteiros durante os sábados e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “se trata dun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre, co obxectivo de axudar na dinamización da comarca durante o outono e provocar, ademais de que a propia poboación local poida descubrir mais aspectos sobre a súa comarca, escapadas de turismo interno de Galicia e...
leer másSeis entidades de toda a provincia participan, dende este martes e ata o xoves, no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos de Lugo, Pantón, O Páramo e Vilalba os que viaxen gratuitamente grazas a esta iniciativa impulsada pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos diferentes concellos do territorio e dinamizar así a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
Os percorridos levarán a un total de 120 veciños e veciñas durante estes tres días aos concellos de Sober, Barreiros, Ribadeo, Cervo, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
A Asociación Orfeón Xoan Montespercorreu este martesa Produtora de Audiovisuais da institución provincial da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, que destacou que con esta...
leer másCubertas todas as prazas das IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción.
A primeira quenda tivo lugar a pasada fin de semana do 17 ao 19 de xullo. Os asistentes coñeceron o venres o traballo realizado polas redeiras de Cabo Burela, visitaron o barco museo Reina del Carmen e tamén a empresa Conservas Faro Burela. O sábado a protagonista foi a Ruta dos Artesáns de Mondoñedo, con visita ao talle de monicreques de Ton Arenas, ao barrio dos Muíños, ao alfar Esquina Atlántica e ao casco histórico de Mondoñedo. E o domingo en Viveiro coñeceron as instalacións de Regal Cerámica e percorreron o paseo fluvial Alcalde Cerdeiras e visitaron a exposición permanente nos Claustros de...
leer másEn Burela arrincaron esta tarde as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza esta cita, que nesta edición se desenvolven do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que nesta edición desenvolveranse as fins de semana do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade leva apostando dende hai anos. Na...
leer másO 7 de maio Terras de Lourenzá acudirá á XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo de Galicia e Asturias, que se celebrará na Pontenova.
Os asistentes poderán elixir entre dúas rutas, a que discorrerá polas Reigadas de 8,1 quilómetros; ou a da Seimeira, de 8,6 quilómetros.
Ao rematar haberá comida a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebida.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse antes dos oito da tarde do vindeiro 3 de maio nos teléfonos: 647 06 70 54 (Javi) ou 658 09 71 33 (Miguel).
O prezo para os socios será de 10 euros e para os non socios de 15 euros. Desde Terras de Lourenzá lembran que se respectarán as medidas covid. A máscara será obrigatoria no bus.
A saída será ás 8 da mañá desde o...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou na contorna da igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, no concello taboadés, a segunda edición do programa de actividades gratuítas que a institución provincial porá en marcha con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio.
Tras a boa acollida do pasado ano, a institución decidiu reeditar a iniciativa ampliando a programación de actividades, que nesta ocasión inclúe 16 rutas polo patrimonio románico da provincia durante cinco xornadas: os días 7, 8, 9, 14 e 15 de maio. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas, catro veces máis que a edición pasada. Todas as actividades estarán dirixidas por un...
leer más