
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas en Piornedo para esta fin de semana, desde o día 13 ata o 15 de xuño.
O colectivo explica: “imos a pola segunda fin de semana de rutas deste 2025; volvemos a Piornedo, ese pobo dos Ancares onde tan ben nos acollen sempre e no que nos sentimos coma na casa. No prezo entra: desprazamento ida e volta a Lourenzá; cea do venres; pernoita de venres a sábado; almorzo e cea do sábado; pernoita de sábado a domingo; e almorzo e xantar do mediodía do domingo. O xantar do mediodía do sábado será en ruta, cada un levará o seu”.
A saída será o venres 13 ás 18:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 10 de xuño, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 135 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.