A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Somiedo (Asturias) do 26 ao 28 de setembro

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Somiedo (Asturias) desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

A saída será o venres ás 18:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 22 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 145 euros para os socios do colectivo organizador e de 155 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e as prazas son limitadas (por orde de inscrición).