
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas en Sobrefoz, no municipio de Ponga (Asturias) do 16 ao 18 de maio.
O colectivo explica: “voltamos a Sobrefoz, un pequeno pobo asturiano que nos ten conquistado polo seu encanto e o acolledoras que son as súas xentes. No prezo entra desprazamento ida e volta a Lourenzá; cea do venres; pernoita de venres e sábado; almorzo e cea do sábado; pernoita de sábado e domingo ; almorzo e xantar de mediodía do domingo. O xantar de mediodía do sábado será en ruta, cada un levará o seu (non hai opción de mercar alí, polo que hai que levalo o venres)”.
A saída será o venres 16 ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 150 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.