
O Concello de Burela está a desenvolver rutas gratuítas en kaiak “para que veciñanza e visitantes vivan o mar de preto e de xeito seguro”. As seguintes xornadas desta actividade serán os domingos 24 e 31 de agosto de 16:00 a 19:00 horas na praia do Portelo.
Os kaiaks sitúanse na area da praia, nun espazo delimitado, e o seu uso é rotatorio baixo a supervisión de monitores titulados. Cada sesión terá unha duración de tres horas.