En Cervo disputarase un campionato de Nihon Tai-jitsu este domingo, 25 de xaneiro

O municipio de Cervo acollerá este domingo 25 de xaneiro o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-jitsu.

 

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro Adrián Arias; e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

O Concello de Cervo anuncia: “estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual e expresión técnica por parellas”.

Desde o Concello de Cervo convidan aos veciños e visitantes “a desfrutar desta actividade que abre o calendario de competicións das artes marciais este 2026 e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva”.