
Ribadeo será escenario os días 24 e 25 de xaneiro, sábado e domingo, da primeira manga da Liga Nacional de Clubs Segunda Ouro de bádminton, que reunirá a 150 participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “serán once os equipos que se dean cita en Ribadeo os días 24 e 25 de xaneiro para conseguir os primeiros puntos da competición. Proceden de diferentes puntos da península e tamén de Canarias”.
O edil ribadense dixo que “as xornadas desenvolveranse no pavillón municipal de nove e media da mañá a seis da tarde”. E engadiu: “comezamos o 2026 con forza as fins de semana, primeiro teremos cross o dia 17 e despois bádminton. Dúas citas que serán un revulsivo para a hostalería local no inverno e que nos servirán para dar a coñecer os atractivos turísticos da nosa vila”.
A primeira manga da Liga Nacional de Clubs Segunda Ouro de bádminton está organizada por A Mariña Bádminton e España Bádminton coa colaboración, entre outros, da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo.


