Campionato

28/04/2017

O próximo día 1 de maio a ACD.XOVE, organiza e patrocina, xunto co Concello de Xove e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infatil.

Os catro mellores equipos da provincia, xogaran pola mañá as semifinais, e pola tarde o terceiro e cuarto posto e a final.

Antes de empezar a sesión de tarde, xogarase un partido de exhibición entre os Prebenxamins da Escola de Fútbol Sala da ACD.XOVE. 

Etiquetas:
28/03/2017

A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o tradicional campionato de tute que terá lugar os días 8 e 9 de abril.

Trátase dunha actividade sociocultural máis ca un torneo propiamente dito xa que se desenvolverá en dúas tardes para facilitar a participación da xente en xeral en lugar de ser un maratón dos que se organizan na comarca.

O torneo comezará ás 15:30 horas do sábado ata as 21:00 horas, e retomarase a tarde do domingo coas fases finais.

A inscrición é de 30 euros por parella e pode facerse no número de teléfono 982 59 01 95.

Os premios serán para os gañadores o 60% da recadación e trofeos, para os subcampións o 30% da recadación e trofeos, e para os terceiros clasificados o 10% da recadación e trofeos. Ademais haberá trofeos para as dúas primeiras parellas...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

O Concello de Cervo organiza un campionato de tute e parchís aberto a todos os xubilados do municipio, así o anunciou a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Os interesados poden anotarse na Casa do Mar de San Ciprián chamando ao teléfono 982.87.95.83. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 16 de marzo.

O vindeiro luns comezaranse a xogar as partidas.

Os trofeos e premios aos gañadores entregaranse na Festa do Xubilado que será o 1 de maio, na Carpa instalada na Praza dos Campos.

Etiquetas:
09/02/2017

A ría de Foz será escenario esta fin de semana, os días 11 e 12 de febreiro, do 1º Premio Centro Comercial Aberto de Windsurf. Trátase dunha proba clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Formula Windsurf, Raceboard e Techno 293. Da regata sairán seleccionados os representantes galegos na Copa de España que se celebrará en Alicante en marzo. 

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, relatou que “vimos de participar na presentación da regata de windsurf que organiza o Club Náutico de Foz coa colaboración do Centro Comercial Aberto, o propio Concello e a Federación Galega de Vela. A nivel autonómico é unha competición importante onde xa veremos un nivel bo e de onde sairán os representantes de Galicia para o campionato nacional”. 

O rexedor dixo que “para o Concello de Foz ten un...

leer más
Etiquetas:
09/02/2017

Esta mañá foi presentado o X Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de febreiro. Durante o acto, no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, tivo lugar unha cata de cafés. O rexedor subliñou a importancia para o municipio deste evento e doutras iniciativas que organiza este centro educativo. 
Javier Castiñeira sinalou que “segue a ser un orgullo toda a actividade que se fai no IES de Foz, pero especialmente estas iniciativas encamiñadas a promocionar aos seus alumnos e a mellorar a súa competencia”.

Para o rexedor focense o X Campionato Internacional de Baristas “é un evento xa consolidado, coñecido en toda a nosa autonomía e noutras veciñas. Cada vez está a coller máis auxe, mellora a competitividade dos seus alumnos e tamén doutros profesionais”. E engadiu: “desde o...

leer más
10/01/2017
O polideportivo do colexio de Galdín acollerá o 14 de xaneiro o campionato Concello de Cervo de Nihon Tai Jitsu 2017.
 
O polideportivo do colexio de Galdín acollerá este sábado, 14 de xaneiro, o campionato Concello de Cervo de nihon tai jitsu, que é unha arte marcial de orixe xaponesa considerada como departamento oficial dentro da Real Federación Española de Karate. Ese evento deportivo foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o adestrador nacional Miguel Ángel Rojo.
 
O edil delegado de Deportes anunciou que “este  vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, no polideportivo do colexio de Galdín, en San Ciprián, terá lugar a celebración do campionato de nihon tai jitsu, pertencente á Federación Galega de Karate, en modalidade de kata e de combate, denominada goshin sobu. Será totalmente gratuíto para todos aqueles que desexen...
leer más
Etiquetas:
16/10/2016
O 18 de outubro empeza o XXII Campionato de Tute Concello de Cervo. Dez son os equipos participantes neste torneo.
 
Este vindeiro martes, día 18, empeza a vixésimo segunda edición do campionato de tute Concello de Cervo. Foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o coordinador desta actividade, Félix Fernández.
 
O edil de Deportes anunciou que “un ano máis, e xa van 22 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo. É unha  actividade que se desenrolando nos locais hostaleiros e de asociacións do Concello de Cervo durante os últimos 22 anos. Participan un total de dez equipos, contando cada un deles con catro parellas máis os reservas, co que se achega a unhas cen persoas as que disputaran este consolidado torneo, que posiblemente sexa o máis antigo da provincia de Lugo e de Galicia e que se organiza ano tras ano”. 
... leer más
14/10/2016
O Concello de Lourenzá organiza o segundo campionato de parchís por parellas para adultos. O prazo de inscrición remata o 28 de outubro.
 
O Concello de Lourenzá organiza o segundo campionato de parchís por parellas para adultos. O prazo de inscrición está aberto ata o día 28 deste mes.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou que “tras o éxito do primeiro campionato de parchís, o Concello de Lourenzá abre o prazo de inscricións para a segunda edición. As persoas interesadas en participar poderán anotarse ato o 28 de outubro na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde. A primeira edición tivo moi boa acollida por parte dos veciños e foron varias as parellas que participaron. Así as persoas que xogaron o campionato anterior afirman que neste volverán facelo. Esperamos que nesta ocasión o resto da xente se anime e a participación siga en aumento”. 
 
A rexedora...
leer más
Etiquetas:
07/09/2016
Os días 10 e 11 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, en Xove, o VII Campionato de España de Bolo Celta en categoría feminina.
 
Os vindeiros días 10 e 11 de setembro vaise celebrar na Campo Municipal de Bolos de  Sumoas o VII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMININA.
 
No mesmo van participar unhas 30 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, que son as Comunidades onde se practica este xogo tradicional. Por parte da organización estase en conversacións con xogadoras de Bolo a Cachete do País Vasco co fin de que poidan  estar tamén presentes neste evento e ampliar así a participación.
 
O Club de Bolos Xove é un club pioneiro en España no tocante á participación de mulleres nesta modalidade deportiva, que tradicionalmente estaba reservada aos homes. Cando se fundou...
leer más
24/05/2016
San Ciprián acollerá un campionato da disciplina de karate denominada nihon tai jitsu este domingo, 29 de maio.
 
O pavillón polideportivo do colexio de Galdín acollerá un campionato da disciplina de karate denominada Nihon Tai Jitsu este domingo, día 29, de 11 a 13:30 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e polo responsable da organización, Miguel Ángel Rojo. 
 
José Ramón Soto anunciou que “o próximo domingo, 29 de maio entre as 11 horas e as 13:30 o pavillón do colexio Cervo Número 1, de San Ciprián, en Galdín, acollerá un campionato de Nihon Tai Jitsu, competición aprobada e apoiada por la Federación Galega de Karate e totalmente gratuíta para todo o público que desexe asistir a presenciar o evento”. 
 
O edil de Deportes...
leer más