Campionato

Etiquetas:
16/02/2016
O IES de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
 
O Ies de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería, o IV Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais 2016. 
 
A Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, emitirá un ano máis por streamingos tres días de celebración dos campionatos de baristas organizados polo IES de Foz, que se desenvolven na localidade mariñá esta semana, do 16 ao 18 de febreiro.
 
A emisión en directo é posible grazas ao convenio entre a TIC e o IES de Foz, unha das máis de 150 entidades ou asociacións coas que colabora a Fundación. Deste...
leer más
25/01/2016
O Concello de Lourenzá organiza un campionato de parchís para adultos. A inscrición remata o 5 de febreiro.
 
O Concello de Lourenzá organiza o primeiro campionato de parchís por parellas para adultos que se desenvolverá na biblioteca municipal. O prazo de inscrición para participar remata o 5 de febreiro.
Os interesados en participar poden anotarse na propia biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “o xogo do parchís constitúe unha práctica habitual nos encontros cotiás entre familiares e amigos. Con esta iniciativa o Concello ofrece alternativas ao tempo libre e pretende fomentar a reunión e a convivencia entre os veciños. Dende o Concello queremos impulsar e dar valor a esas reunións entre os cidadáns”. 
 
16/12/2015
O pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, acollerá o 19 de decembro un campionato de karate na modalidade de katas nihon taijitsu.
 
O pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, acollerá este sábado, 19 de decembro, un campionato de kárate entre as 17 e as 19:30 horas organizado pola Federación Galega. José Ramón Soto, concelleiro de Deportes, explicou que a modalidade da proba é katas nihon taijitsu e que con ela se intenta dar a coñecer esta disciplina de orixe xaponés.
José Ramón Soto explicou que “é unha proba respaldada pola Federación Galega de Kárate. O acto é totalmente gratuíto para todos os públicos que desexen asistir ao evento. Acudirán participantes da Mariña Luguesa, ademais de A Coruña, Ourense e Lugo. Calcúlase unha participación de 30 competidores. É un campionato que ten carácter oficial e está organizado pola Federación Galega de Kárate, co patrocinio do Concello de Cervo. En dito...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
O Concello de Cervo organiza o 21º Torneo de Tute, no que poden participar todos os locais hostaleiros, clubs ou asociacións do municipio. Dará comezo o 20 de outubro.
 
O Concello de Cervo organiza a 21ª edición do Torneo de Tute Concello de Cervo, ao que están chamados a participar todos os colectivos do municipio que formen un equipo. Está previsto que a competición bote a andar o próximo 20 de outubro. Foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por Félix Fernández Gómez, que colabora na organización deste torneo dende o seu inicio.
“Un ano máis, e xa van 21 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo, actividade que se desenvolve nos locais hostaleiros e asociacións do municipio de Cervo. Neste torneo poderán participar todas aquelas asociacións, clubs e bares ou calquera tipo de local do noso municipio. Cada entidade poderá formar un ou varios equipos, que estarán compostos cada un...
leer más
Etiquetas:
08/09/2015
Os días 12 e 13 de setembro disputarase en Xove o Campionato de España Feminino de Bolos Celtas.
 
A vindeira fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, en Xove, o Campionato España Feminino de Bolos Celtas 2015, no que participarán 28 xogadoras procedentes de diversos puntos de todo o país, como Galicia, Madrid ou Asturias, comunidades onde se practica este xogo tradicional. Comezará ás 12 horas do sábado e rematará o domingo pola tarde. O sábado vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas. Está organizado polo Club de Bolos de Xove e a Federación Galega de Bolos, co patrocinio da Concellería de Deportes de Xove.
 
Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo e proba diso é o apoio que o Concello presta a través das Ligas...
leer más
26/08/2015
O embalse de Riocobo, en Cervo, acollerá o Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico os días 5 e 6 de setembro.
 
O embalse de Riocobo acollerá o campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico os días 5 e 6 de setembro. Esta proba foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e polo representante da Federación Galega de Motonáutica José Soto Peña.
O concelleiro de Deportes cervense explicou que na competición participarán “lanchas cunha lonxitude aproximada duns 1,20 metros e que alcanzan ata os 120 quilómetros por hora. As probas distribúense en catro categorías: ata 3,5 centímetros cúbicos; de 3,6 a 7,5; de 7,6 a 15; e de 15,01 a 35. O número máximo de participantes por categoría non poderá ser superior a 15. Correranse tres mangas por categoría, das que puntuarán as dúas con mellores resultados...
leer más
Etiquetas:
06/05/2015
O 10 de maio terá lugar no pavillón municipal de Xove o campionato provincial de patinaxe artística Xove 2015. O evento está organizado por ACD Xove.
 
Este domingo,10 de maio, celébrase no pavillón municipal de Xove o Campionato Provincial de Patinaxe Artística  Xove 2015. 
Neste campionato van participar as seguintes entidades: Escola Municipal de Chantada, Club Concello de Chantada, ED.Lourenzá, Club Campelas de Escairón, Escola Municipal de Monterroso e ACD.XOVE. 
As preparacións darán comezo ás 10:30 horas da mañá, co quentamento e toma de contacto coa pista de todos os equipos participantes. Será a porta pechada, para as 12:30 horas dar comezo o Campionato Provincial. 
O evento é organizado pola ACD.XOVE, e colaboran o Concello de Xove, Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Patinaxe, a Deputación...
leer más