Triangular

08/06/2024

O deputado de Mocidade Daniel García, os concelleiro de Deportes do Valadouro Eliseo Teijeiro, o concelleiro de Deportes de Alfoz e o presidente da AD Río Ouro,  presentaron o Triangular Xuvenil AD Río Ouro  que se celebrará o vindeiro 15 de xuño no campo do Árbol, no Valadouro.

A AD Río Ouro organiza este torneo co que o equipo xuvenil do club despide a temporada, e no que terá como rivais ao Real Tapia Fútbol Club (Tapia de Casariego) e ao Iberia CF (Barreiros).

A área de Mocidade apoia a organización do evento, reforzando a colaboración da Vicepresidencia da Deputación co club valadourés  e co tecido deportivo a través das axudas de concorrencia para a actividade competitiva.

O deputado Daniel García valorou “o papel do club como referente deportivo no concello, ofrecendo unha...

leer más
28/03/2018

O V Triangular de Semana Santa Imdecum reunirá en 2018 as promesas máis novas de ACD Xove, ED Lourenzá e Pescados Rubén Burela FS, na categoría Biberón. O pavillón Monte Castelo de Burela acollerá a competición o venres, 30 de marzo, a partir das 15.45 horas.

O pavillón Vista Alegre, coincidindo co descanso do partido de Segunda LNFS entre Pescados Rubén e Manzanares (inicio ás 17.30 horas), acollerá o acto de clausura con entrega de medallas e algunha sorpresa.