O campionato comarcal Cross Xogade 2026-27 disputarase en Ribadeo o 28 de novembro

O día 28 de novembro, sábado, terá lugar o Campionato Comarcal Cross Xogade 2026-27, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Xacobeo 2027, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E subliñou: “contamos cunhas instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que terá lugar o día 28 deste mes na Devesa”.

E o 13 de decembro será o Campionato Provincial Cross Xogade 2026-27. Será tamén ás 11 da mañá no Campamento Xuvenil da Devesa.

Silvent engadiu: “moitas grazas á organización, á Xunta de Galicia, e as firmas que colaboran para que esta proba se desenvolva con éxito”.

Ambos eventos deportivos foron presentados polos organizadores e colaboradores.