Ciclista
A VI Marcha da Merluza terá lugar en Burela o 3 de febreiro. O evento deportivo, que estará dedicado a Moncho de Cangas, foi presentado nas instalacións de Absa este mediodía. No acto participaron o presidente e o secretario do Club Ciclista Burela, Juan José Martínez e Antonio Barcia, organizadores da proba, así como o presidente e o xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira, patrocinador principal, e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.
Fernández Rey comentou que “é unha carreira que chega á súa sexta edición e que este ano ademais dedícanlle a proba a Moncho de Cangas, vicepresidente do Club Ciclista Burela, que era un gran afeccionado ao ciclismo, e que desgraciadamente finou hai unhas semanas”.
O edil subliñou que “como sempre o Concello de Burela, desde a Delegación de Deportes, estamos...
leer másA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu unha reunión de traballo cos alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que discorrerá a “La Vuelta Ciclista a España”
A décimo segunda etapa desta prestixiosa cita deportiva chegará á nosa comarca o vindeiro xoves, 6 de setembro, con punto de partida en Mondoñedo e final no faro de Estaca de Bares. Antes percorrerá os termos municipais de Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo (San Cibrao), Xove, Viveiro, e xa na provincia da Coruña os municipios de Ortigueira e Ortigueira. En total 179 Km
Desde a administración autonómica aproveitaron para convidar ao conxunto da veciñanza a arroupar aos deportistas participantes nesta volta ciclista ao...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, amósase satisfeito tras coñecer que a Volta Ciclista a España pasará o 6 de setembro por Burela. Trátase dunha etapa longa, de 179 quilómetros, que sae de Mondoñedo e remata en Estaca de Bares.
O rexedor burelés salienta que “hoxe tivemos a noticia, creo que moi interesante con respecto ao deporte, de que o próximo 6 de setembro vai pasar a Volta Ciclista a España polo noso concello, vai cruzar por Arcadio Pardiñas”.
Alfredo Llano lembrou que “é un tema do que xa tíñamos falado en Fitur este ano. Xa daquela ían tratar de que pasase polo noso concello, e agora acaban de confirmalo para o día 6 de setembro”.
O alcalde explicou que “é unha etapa longa de 179 quilómetros que remata en Estaca de Bares, e que comeza en Mondoñedo”.
Llano...
leer másO Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores no Concello da Fonsagrada a IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, que terá lugar os vindeiros días 25, 26 e 27 de maio organizada polo Club Cidade de Lugo. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 65.000 euros,pois trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica,sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.A volta desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto,...
leer másO Concello de Burela colabora cunha Ruta Ciclista que organiza o IES Perdouro o 19 de abril. Será un percorrido de pouca dificultade, de case 13 km, por Burela. Participarán alumnos deste IES así como calquera persoa que o desexe. Acudir é libre. Os que asistan só teñen que ir con bici e casco ás 12:20 ao IES Perdouro, xa que este será o punto de saída.
Colabora tamén Cerezo Bikes, que prestará axuda en caso de pinchazo ou avaría. Dende a Delegación de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima a participar nesta Ruta Ciclista por Burela o vindeiro xoves, 19 de abril.
O vindeiro 10 de setembro ás 9:30 hora terá lugar a saída da 1º Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá. Trátase dunha marcha ciclista de 79 km que recorrerá as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, á Cadeira, ao Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar e novamente á Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adeptos na comarca Mariña.
O Clube Ciclista Viveiro e a Concellería de Deportes de Lourenzá, xuntan forzas para sacar adiante esta primeira edición dunha marcha que espera consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo.
O prezo é de 10 € para os ciclistas con licenza federativa, e de 26 € para os non federados que inclúe a licenza por un día. Ademais por 5 € mais en calquera dos dous casos, a inscrición inclúe un xantar ao final...
leer másO día 9 deste mes, domingo, celebrarase a novena edición da ruta BTT Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz. Foi presentada cun acto no que participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e seis membros da directiva do club: Mauro Álvarez, Ibán Castro, José Antonio González, Lombardero, Iván Rodríguez e Suso Lestegás.
A ruta sairá desde a Praza Conde de Fontao ás 9 da mañá. Unhas das novidades deste ano é a da elección por parte do participante da duración e dureza da proba, posto que a organización propón tres trazados de diferente dificultade para adaptarse aos distintos tipos de ciclistas que queiran achegarse a Foz para gozar dun día de ciclismo puro de montaña. Para os ciclistas que desexen optar pola variante más sinxela teñen preparado un percorrido de 32 quilómetros aproximadamente no que a ascensión total será de...
leer másO concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, mantivo no día de hoxe unha xuntanza na Deputación Provincial de Lugo co responsable da Área de Deportes, Pablo Rivera. A ese encontro tamén asistiu o presidente do club ciclista Cerezo Bikes, Jaime Seijas, para falar da I Ruta de Enduro Monte Castelo, que se vai celebrar na localidade os días 27 e 28 de maio.
Fernández Rey explicou que “o obxectivo da reunión foi trasladarlle ao responsable provincial a celebración deste evento, que está auspiciado pola Federación Galega de Ciclismo e que será puntuable para o campionato da modalidade. Tamén quixemos ver a posibilidade que dende a Deputación de Lugo se apoiase a celebración deste evento. A reunión tivo un resultado moi positivo e a institución provincial vai valorar a organización desta proba por parte do Club Cerezo Bikes de cara ás achegas...
leer más