A Mariña

Etiquetas:
02/12/2024

Tres clubs deportivos ourensáns: BXT Celanova, CB Allariz e A.B Xinzo e dous da Mariña lucense: Iberia CF e Celtas de Foz realizarán unha recollida solidaria de libros para as nenas e os nenos afectados pola Dana en Paiporta. 

O norte e o sur de Galicia traballarán unidos por esta causa. O que precisan para as crianzas de 1 a 6 anos son libros infantís, tamén libros xuvenís así como xogos educativos, plastilina e puzzles. Iso foi o que lles demandou a concelleira de Educación e Deporte de Paiporta, Susana Moreno, coa que se puxeron en contacto hai uns días. Dos puntos de recollida informarán proximamente. O material será enviado a ese concello valenciano a finais do mes de Nadal co obxectivo de axudar á recomposición das aulas afectadas. “Trátase dun proxecto cultural, solidario e deportivo, que une a clubs ourensáns e mariñaos”, explican...

leer más
Etiquetas:
29/11/2024

Ana Pena, Guía Oficial de Galicia e xerente de Guía tu día, organiza diversas rutas en decembro. "Con estes paseos pretendo propoñer alternativas para coñecer o territorio en meses máis tranquilos, pero sen dúbida especiais pola época do ano na que nos atopamos, con paisaxes espectaculares", explica Ana Pena.

A primeira das rutas terá lugar este domingo, 1 de decembro, no Valadouro. Un paseo circular de 6 km que combina a Ruta dos Pozos coa visita ao Museo do Mel, o único co que conta a Mariña.

Xa na ponte festiva, o sábado 7 será en Rinlo. Nesta andaina litoral coñecerase a historia deste pobo mariñeiro e visitaranse as cetarias, empregadas para a conservación do marisco.

O domingo 8 terá lugar un paseo pola cidade de Viveiro. Visitaranse os principais recursos e o Belén a tamaño natural...

leer más
28/11/2024
Gastronomía e innovación uníranse este domingo no comezo de AMODO, Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña. Estes encontros gastronómicos, que terán lugar entre o domingo 1 e o martes 3 de decembro, están organizados pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co obxectivo de mostrar a importancia da gastronomía no seu territorio.
 
O domingo 1 de decembro darase a benvida aos relatores participantes e aos periodistas especializados convidados ás xornadas, pertencentes a medios como El País, La Vanguardia, ABC... Desta forma comezará un press-trip no cal,durante os tres días de duración do evento, estes profesionais coñecerán de primeira man os atractivos da Mariña Lucense e a diversidade de produtos e proxectos que conforman o seu ecosistema gastronómico, así como o recentemente creado...
leer más
18/11/2024

AMODO, Conversas arredor da gastronomía na Mariña é un encontro vinculado á gastronomía, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración, na secretaría técnica, de Jorge Guitián e Anna Mayer -profesionais no ámbito de proxectos gastronómicos- e do Colectivo de Gastronomía da Mariña. 

Este evento nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, presentado o pasado mes de xuño en Viveiro, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que xestiona a Mancomunidade, e que está cofinanciado entre esta entidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, subliñou que “o obxectivo desta convocatoria é posicionar ao territorio da Mariña como un espazo creativo e innovador que reflexiona...

leer más
Etiquetas:
18/11/2024

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) inicia este xoves, 21 de novembro, no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, o ciclo de charlas O futuro laboral na Mariña lucense. 

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “na FCAM estamos moi preocupados pola situación laboral desta comarca, hai moita oferta de postos de traballo en todos os sectores, que as empresas non son quen de poder cubrir. Hai empregos no comercio, na hostalería, nos hoteis e tamén en sectores como a automoción, o forestal ou os astaleiros, por poñer só uns exemplos, pero tamén hai demanda de profesionais como electricistas, fontaneiros, carpinteiros…”.

Cruzado Iglesias indicou que “desta preocupación, que detectamos xa nun foro que celebramos en Foz aló polo mes de marzo, saíu este ciclo de charlas que levaremos polos centros de FP da Mariña...

leer más
Etiquetas:
16/11/2024

A Federación de Comercio A Mariña e Logística Reyco asinaron un convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente nun proxecto que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses nos centros de FP da comarca. 

A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza do presidente do Grupo Reyco, Miguel Rey.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora nun proxecto nos centros de FP da Mariña no que levamos meses traballando e que nuns días sairá á luz”.

A presidenta da FCAM...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

A vindeira fin de semana rematarán os Obradoiros e os Plans con Corazón da Mancomunidade de Concellos da Mariña con diferentes propostas que se desenvolverán en Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto. 

O sábado, 9 de novembro, haberá un Obradoiro de Kintsugi con Artesanía do Pasatempo, en Mondoñedo. Será de 11.00 a 13.00 horas para público adulto. Trátase dunha experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro, onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica  sendo agasallados co obxecto reparado.

E o domingo, día 10, desenvolverase un  Obradoiro de Rakú con Esquina Atlántica, en Mondoñedo, que terá lugar de 11.00 a 13.00 horas para público adulto...

leer más
29/10/2024

115 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a cinco asociacións dos concellos de Meira, O Corgo, Abadín e Vilalba, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra. 

A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membros da Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais e posteriormente coñeceron a rectoral de Gundivós, un miradoiro sobre o Canón do Sil e unha adega de Amandi. Ademais, a Asociación Xuvenil, Cultural e Deportiva A Rumboia, do concello de Abadín, vai realizar este mesmo itinerario o xoves 31 de novembro.

O mércores, a Asociación de Veciños O Salgueiriño, do Corgo,...

leer más
Etiquetas:
29/10/2024

Viveiro, O Valadouro, Mondoñedo, Ribadeo e Lourenzá serán as seguintes paradas do 31 de outubro ao 3 de novembro dos programas da Mancomunidade da Mariña: Plans e Obradoiros con Corazón.

Plans con Corazón
Na ponte festiva as rutas e visitas guiadas de Plans con corazón arrincarán o venres, día 1, co Penido, megalitismo e outras curiosidades dos altos do Valadouro da man de Boris Vilar. Os participantes terán a oportunidade de descubrir a sorprendente natureza da Serra do Xistral. 
A deus rogando, co mazo dando é a ruta que o 2 de novembro discorrerá por Mondoñedo guiada por Noela Feal. Os asistentes coñecerán a historia da cidade episcopal, visitarán o barrio dos Muíños e achegaranse ao taller artesanal de Toni Arenas. 
O mesmo sábado por Ribadeo terá lugar a ruta Da horta ao mar, vila comercial dan man de Carmen Delia (...

leer más
22/10/2024

O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.

...

leer más