A Mariña
Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo e Vimianzo súmanse este ano ás localidades de Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Santiago de Compostela e Viveiro como sedes do circuíto de funcións ‘Itinerario Constelacións’.
Máis escenarios, máis funcións, máis actividades e máis colaboracións. Camiño Escena Norte (CEN) celebra a súa quinta edición incrementando o intercambio de compañías, profesionais e públicos en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. O lema Vieiros que conflúen describe unha programación oficial que se celebrará do 17 de setembro o 22 de outubro, con 15 compañías de teatro, danza e artes do movimiento e novo circo, amosando os seus espectáculos en perto de 60 sedes que forman parte do Itinerario Constelacións.
A quinta edición do Camiño Escena Norte conta con importantes novidades, como a...
leer másO Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na presentación da décima edición do Festival Bal y Gay. A cita, que un ano máis conta cunha achega da Deputación de Lugo por importe de 12.000€, se celebrará do 10 ao 24 de agosto en lugares emblemáticos da Mariña lucense. Así, serán escenarios da mellor música clásica o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, o auditorio Hernán Naval de Ribadeo, o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, a Basílica de San Martiño de Foz, ou a Catedral de Mondoñedo.
Francisco Cajoto puxo en valor “a formación e a difusión musical deste evento único que ofrece concertos e experiencias artísticas nas que a música convive coa paisaxe e o patrimonio arquitectónico da provincia”, destacando que a cita enriquece a oferta cultural e dinamiza a economía da...
leer másArredor de 115 veciños e veciñas pertencentes a cinco entidades da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia. Trátase da terceira edición desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo, a través da que colectivos de Monterroso, Taboada, Lugo, Viveiro e Ribas de Sil viaxan entre hoxe e o xoves á Mariña e á Ribeira Sacra para coñecer o seu patrimonio natural e cultural.
As primeiras entidades desta semana son a Asociación Terceira Idade de Monterroso e a Asociación de Veciños de Santa María de Piñeira, de Taboada. Os monterrosinos achegáronse ós concellos de Xove e Viveiro, percorrendo lugares como Punta Roncadoira ou o Souto da Retorta. Antes de poñer rumbo á Mariña fixeron unha parada na Produtora de Audiovisuais da institución provincial. Por outra banda, os taboadenses...
leer másVeciñas e veciños de cinco concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total máis de 170 persoas dos municipios de Antas de Ulla, Lugo, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Taboada as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.
Este martes, a Asociación Veciñal e Cultural Casa da Escola, de Antas de Ulla, viaxa ata A Mariña. Comezarán a súa ruta no Mazo de Santa Comba, onde foron recibidos pola Deputada en funciónsPilar García Porto antes de partir ata o concello de Cervo. O grupo coñecerá a fábrica de Sargadelos e percorrerá a vila de San Cibrao, onde fará parada na carpintería de ribeira e o Museo do Mar da Deputación.
... leer másArredor de 180 veciños e veciñas pertencentes a oito entidades da provincia participan esta semana no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a terceira edición dunha iniciativa organizada pola Deputación de Lugo. Dende hoxe, martes, ata o venres, veciñanza de Quiroga, Lugo, Castroverde, A Pastoriza, Foz, Alfoz e Chantada percorrerá diferentes municipios da Mariña, a Ribeira Sacra e os concello da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, na comarca da Montaña.
A semana arrancou coa visita da Asociación Cultural Souto do Val, de Quiroga, e a Asociación de Veciños de Orzabai, de Lugo. Os quirogueses visitaron en primeiro lugar o Pazo de San Marcos para, posteriormente, visitar os concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol. Os lucenses comezaron a ruta na Granxa Gayoso Castro e tamén continuaron cara A Mariña para coñecer a fervenza do Pozo da...
leer másPreto de 140 integrantes de seis asociacións participan esta semana no programa Coñece a túa provincia, a terceira edición dunha iniciativa de viaxes gratuítas organizada pola Deputación de Lugo. Este martes, o xoves e o venres, veciñanza de Antas de Ulla, Meira, Guntín, A Fonsagrada, Begonte e Portomarín visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Mariña e a Ribeira Sacra.
A Asociación de Amas de Casa Dorra-Senande, de Antas de Ulla, e a Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, son as primeiras entidades en viaxar esta semana. O colectivo ulloán fixo a primeira parada no Pazo de San Marcos e despois puxo rumbo ao concello de Cervo, onde visitou a Fábrica de Sargadelos ou a vila de San Cibrao. Os de Meira visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño para, posteriormente, desprazarse a Taboada e Chantada, onde...
leer másEsta tarde presentouse no Vicedo a quinta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o venres e o sábado en treitos dos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, na que participarán 86 equipos, entre eles 13 equipos da Mariña e os grandes favoritos para o Campionato Galego de Rally de Asfalto como Víctor Senra e Alberto Meira, ou Luis Vilariño, Javier Ramos, Alberto Nimo ou Pablo Rey.
Na presentación, a deputada mariñá Mónica Freire suliñou “a rápida consolidación desta proba entre equipos e público” e que “canaliza e reforza gran afección ao motor que hai na comarca, ademais de supoñer un aliciente máis para que se acheguen ata a comarca afeccionados e afeccionadas ao rally de toda Galiza, para desfrutar do...
leer másIntegrantes de 8 colectivos da provincia participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. En total,dende hoxe e ata o venres, preto de 180 persoas dos concellos de Sarria, Taboada, Lugo, Baleira, Foz e Riotorto visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Mariña, a Ribeira Sacra, a Montaña e a Terra Chá. A iniciativa, que vai pola súa terceira edición, é gratuíta e está destinada a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
O estudantado do colexio da Asunción, de Sarria, e a Asociación de Mulleres Rurais Landra, de Taboada, foron as primeiras entidades en viaxar esta semana. Os sarriaos fixeron hoxe a primeira parada na Granxa Gayoso Castro, onde coñeceron o traballo da institución provincial neste centro de apoio ao sector gandeiro, mentres que os de...
leer másUn total de 170 persoas de 8 asociacións participarán ao longo desta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo, grazas ao que visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Ribeira Sacra e A Mariña. A iniciativa,que vai pola súa terceira edición, está destinada a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
Este martes a xornada estivo protagonizada por dúas entidades da Pastoriza. Por unha banda, a Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños deBretoña visitaron o Pazo de San Marcos e, posteriormente, puxeron rumbo a Bóveda e á Pobra do Brollón. Por outra banda, a Asociación Cultural e Veciñal de San Martín de Corbelle visitou en Lugo o Centro de Interpretación Terras do Miño e continuou a viaxe a Pantón e Carballedo, onde coñeceron o patrimonio románico da...
leer más