A Mariña
Tras presentar a marca turística e de territorio A Mariña. Galicia de corazón o pasado 15 de xaneiro a Mancomunidade de Concellos levará a FITUR 2024 esta nova proposta de identidade e presentará a campaña de comunicación Toma o teu tempo ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
Toma o teu tempo será presentada a través dunha peza audiovisual que formará parte do acto A Mariña. Galicia de corazón que a Mancomunidade realizará o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas no stand de Galicia en FITUR. Neste evento, intervirá a presidenta da Mancomunidade, Rocío López, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a directora da Área de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita e o presidente da Deputaicón de Lugo, José Tomé para introducir a campaña e para amosar tamén a...
leer másO próximo luns, 15 de xaneiro, ás 12 horas terá lugar no Auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo a presentación da nova marca turística e de territorio da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátade dun dos eventos máis relevantes que organiza esta entidade ata o de agora. Nesa xornada tamén se entregarán as 29 distincións de calidade do Sistema Integral de Calidade Turtística en Destino (SICTED).
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o próximo luns, 15 de decembro, ás 12:00 do mediodía no auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo, un evento que terá como obxectivo principal ser a punta de lanza da activación dunha nova marca turística e de territorio do xeodestino, unha marca forte que permita posicionar A Mariña como un destino e territorio de referencia, e que nace no contexto de implementación do vixente Plan de...
leer másOs días 13 e 20 de xaneiro seguirá en Ribadeo e na Pontenova o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A inscrición para participar está aberta.
O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O devandito programa, que deu comezo o pasado 30 de decembro, inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
A xerente do PSTD, Tania Hermida, explicou que “avanzamos no...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este sábado, día 30. Deste xeito avanza na execución do PST, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou hai uns días que “este programa de xeoturismo, que comeza agora e seguirá durante o 2024, está composto de catro...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este mes de decembro. E así avanza na súa execución. O PST está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
Desde a Mancomunidade explican que “A Mariña conta cun patrimonio xeolóxico moi relevante en distintos lugares do territorio, desde a costa ao interior. De feito, nos últimos...
leer másO Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña volve unha vez máis para despedir o ano, e xa van 13 edicións, premiando as inquedanzas artísticas da Mariña, coa organización da Fundación Imdecum e a colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Valéndose do ámbito audiovisual, a iniciativa busca remover a sensibilidade dos mariñáns, a expresión dos seus sentimentos e sensacións sobre A Mariña a través da fotografía.
Nesta edición, coma nas anteriores, estarán dispoñibles dúas categorías. A de Estudantes terá aberta a participación de nove centros educativos de Secundaria da bisbarra comarca mariñá: IES Alfoz-O Valadouro, IES Marqués de Sargadelos, IES Perdouro, IES Monte Castelo, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, IES Dionisio Gamallo, IES Illa de Sarón e IES de Foz. Na categoría de Asociacións participarán...
leer másA cuarta edición de A Mariña en Ruta rematará o vindeiro 16 de decembro en Lourenzá cunha visita que será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. Esta edición arrincou o 7 de outubro e concluirá o 16 de decembro, despois de que por mor do mal tempo e dos lumes declarados na ponte do pasado 12 de outubro varias das saídas tivesen que mudar de data.
Onte domingo, 3 de decembro, tivo lugar a ruta polo concello do Valadouro. Os participantes subiron ata a zona dos Penidos, na parroquia de Santo Tomé, e alí visitaron o antigo...
leer másOs participantes terán a oportunidade de gozar das impresionantes vistas da Serra do Xistral, ademais de visitar o dolmen de Santo Tomé ou o Prado das Chantas. Tamén coñecerán mais sobre a vida dos cabalos salvaxes e a tradición reflectida no curro onde se celebra a Rapa das Bestas. Ana Pena, de Guía Tu Día, será a encargada de conducir esta ruta.
A Mariña en Ruta rematará o 16 de decembro en Lourenzá. Esta visita será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
As actividades de A Mariña...
leer másNo salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela presentouse o documental “A Festa do Carme nos portos da Mariña de Lugo”.
A Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo levou a cabo este proxecto grazas ao convenio suscrito coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia das celebracións que se dedican á Virxe dos Mares desde as confrarías da costa de Lugo: procesións, misas, tallas, ofrendas florais e mesmo ofrendas submarinas.
O presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, acompañado da xefa territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e da alcaldesa de Burela, Carmela López; presentaron o documental, que ao longo duns 40 minutos repasa a historia, o pasado e o presente destas celebracións de fondo...
leer más