A Mariña

Etiquetas:
04/06/2024

Estas actividades enmárcanse dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que arrincaba a finais de 2023 e está contando con moi boa acollida. 

O 16 de xuño terá lugar a xeoruta do Ollo do Sapo, no Vicedo, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:30 horas, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Son 20 as prazas dispoñibles para gozar deste paseo duns 7 quilómetros e medio a través dunha paisaxe de enorme beleza. 

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a costa vicedense, esculpida sobre as rocas denominadas Ollo de Sapo, que foron orixinadas pola transformación metamórfica de magma e as cinzas dunha enorme cadea de volcáns explosivos, que chegaban ao Vicedo desde o centro da península.

Para o 29 de xuño está prevista a xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a 13...

leer más
22/05/2024

Os días 1 e 2 de xuño a Mancomunidade de Concellos organiza ao abeiro do Programa de Xeoturismo no contexto do Plan de Sostibilidade Turística o Xeo finde na Mariña, que contará cunha serie de actividades únicas onde os participantes explorarán a xeoloxía dunha maneira innovadora e emocionante. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este evento ofrecerá a nenos e adultos a oportunidade de mergullarse no apaixonante mundo dos minerais e descubrir os segredos da terra baixo os nosos pés”. E animou ás familias a inscribirse “para vivir esta orixinal e única experiencia”.

O 1 de xuño terá lugar unha Xeoruta por San Cibrao. Iván Rodríguez levará aos asistentes a gozar dunha exploración da orixe do granito, un material que foi utilizado durante séculos na construción de vivendas e monumentos. Durante...

leer más
14/05/2024

Os días 17, 18 e 25 de maio seguen as actividades de xeoturismo organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. Será coa xeoruta das Minas, na Pontenova, a xeoruta ao Monumento Natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo e a xeoruta de Cerrochán, en Trabada.

A xeoruta da Pontenova partirá da Praza dos Fornos ás 10 da mañá este venres, 17 de maio. Os asistentes poderán coñecer os materiais de idade paleozoica que compoñen sinclinal de Vilaoudriz e a orixe do ferro que se explotou nas minas Consuelo e Boulloso desde concello. Esta ruta será conducida por Fran Canosa.

A xeoruta da praia das Catedrais dará comezo ás 17 da tarde deste sábado, 18 de maio, no punto de información do areal. Os participantes coñecerán a orixe dos materiais que forman estes acantilados e de que xeito foron deformados e fracturados...

leer más
Etiquetas:
10/05/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. 

Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais PabloRivera Capón e MarisolMorandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.

“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos...

leer más
06/05/2024

A sexta edición do Rally Mariña Lucense celebrarase os días 10 ,11 e 12 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024.

Constará de 4 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada,
tendo un total de 280,94 quilómetros, dos que 88,56 son cronometrados.

A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove.

16/04/2024

Os días 27 e 28 de abril e o 4 de maio seguirá o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. A Cova do Rei Cintolo, Xove e A Frouxeira serán as localizacións das vindeiras actividades xeoturísticas. 

O 27 de abril ás catro da tarde dará comezo a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Trátase da cova máis grande de Galicia e unha marabilla natural, que foi obxecto de numerosos estudos arqueolóxicos. Son 7.000 metros de galerías dunha cova que acada un desnivel máximo duns 75 metros, con lagoas interiores e un río soterrado, o Celtas. As persoas que participen nesta xeovisita poderán ver diversas especies de morcegos e invertebrados acuáticos así coma o diminuto Iberobathynella ortizi. A Cova do Rei Cintolo tamén está envolta en lendas, que sorprenderán ao viaxeiro.

... leer más
Etiquetas:
03/04/2024

O 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. 

Esta xornada estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para este mes de abril co obxectivo de que, tralos preparativos que supuxo a Semana Santa, poida participar o maior número de persoas interesadas. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, lembra que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como...

leer más
19/03/2024

O 24 de abril terá lugar a Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. 

Esta xornada de formación estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para o vindeiro 24 de abril  co obxectivo de que máis xente interesada poida participar na mesma. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo, xestores de...

leer más
Etiquetas:
19/03/2024

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) analizará o presente e o futuro do empresariado da comarca nunha xornada que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de marzo, no Cenima en Foz a partir das 11:30 horas. 

Serán os representantes dalgunhas das asociacións que integran a FCAM os que diserten sobre a situación do comercio, da hostalería, do emprego ou do turismo. A presidenta da Federación de Comercio A Mariña, Carmen Cruzado, convida a asistir “a todas as empresas da comarca, sexan socias ou non das nosas asociacións. O que queremos é intercambiar opinións e sensacións e coñecer de primeira man en qué situación nos atopamos neste preciso momento”.

Na xornada intervirán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Mancomunidade de Concellos da Mariña. 

Etiquetas:
15/03/2024

Dende Mariña Patrimonio están a organizar para o próximo 24 de marzo unha visita polo patrimonio de Friol. Está previsto visitar, acompañados por Brais Rodríguez Romero, a medorra de Narla, o dolme da Moruxosa, a feira do queixo e o pan de Ousá e maila fortaleza de San Paio de Narla. Despois do xantar os asistentes achegaranse aos petroglifos da Pena Castrexa e ás igrexas de Carlín e Trasmonte.

O desprazamento farase en bus, que sairá probablemente ás 8.00 horas de Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Friol. debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, podería ser modificado en función da procedencia das persoas participantes.

O prezo total da actividade será de 30 euros; 15 euros polo bus e 15 euros polo xantar. As persoas non socias asumirán un custo adicional de 10 euros.

... leer más