Mostra
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da III edición da Feira e Mostra de Artesanía e Agroalimentación que se celebrará no barrio dos Muíños de Mondoñedo o sábado 24 de xuño.
No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e unha nutrida representación dos distintos artesáns que participarán neste evento.
De feito a Feira aspira a converterse nun punto de referencia da artesanía da Mariña lucense, para o que ademais aproveita un espazo –o tradicional barrio dos Muíños da cidade episcopal- que servirá de escenario ideal para que artesáns e agricultores amosen os seus produtos, poñan en valor e conciencien sobre a importancia de conservar estes oficios e os produtos locais máis tradicionais.
... leer más









