Mostra
A Casa da Cultura de Burela acolleu a inauguración da exposición titulada Gromo de Eloy Hermida, que se poderá visitar ata o 28 de febreiro.
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que teñen como eixo central a mitoloxía e paisaxes galegas. O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas. Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral. O obxectivo de Gromo é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente, dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
A mostra permanecerá na sala de arte da Casa da Cultura de Burela durante todo o...
leer másEsta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado provincial, Efrén Castro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, presentaron a mostra que pode verse na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 20 de febreiro.
A exposición, cun formato itinerante pensado para achegar as distintas localidades o patrimonio musical da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en...
leer másA Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá acolle a mostra titulada Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría, que estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro de 2022.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá; a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo; e o grupo de investigación Áncora.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que esta exposición “é interesante para todo tipo de público e recomendada para que @s nen@s coñezan a riqueza arqueolóxica que hai nos fondos dos mares e das rías”.
A exposición fotográfica Express-Arte estará na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de novembro en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.
Esta mostra foi creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e forma parte das actuacións enmarcadas na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero da que forma parte o Concello de Burela.
Despois de moitos meses aletargados por mor da situación sanitaria, a Sociedade Cultural Ledicia retoma pouco a pouco a actividade achegando ata Burela unha exposición sobre o traxe tradicional denominada Vestimenta nas Terras de Lugo.
A exposición é froito do traballo do Obradoiro Traxandaina de Lugo, e amosará unha ampla colección de pezas da vestimenta de "dominguear" da nosa provincia de finais do século XIX e comezos do XX. Son pezas orixinais recollidas en distintos concellos e traballos de reprodución extremadamente coidadosos.
A inauguración terá lugar o domingo, 14 de novembro, ás 18:00 horas, e contará cunha explicación detallada das pezas a cargo do propio obradoiro. Posteriormente poderá visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 19 de novembro pola mañá de 11 a 13 horas, e pola tarde de 17 a 20...
leer másAta o 8 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición “Os viquingos de Playmobil desembarcan en Ribadeo”, que está composta por máis de 2.000 pezas que recrean a chegada dos viquingos e dos normandos ás costas galegas. Hai unha ambientación da praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, anima a achegarse á mostra e subliña que o Concello cos Coles promoverá visitas guiadas dos centros ao longo das vindeiras semanas.
Xabier Bermúdez Salgueiro, da asociación Aesclicks, contou que “esta exposición trata de recrear o que foron as incursións normandas ou viquingas nas costas galegas. Entón quixemos ambientala precisamente en Ribadeo recreando a praia das Catedrais e a partir de aí un desembarco destes pobos nórdicos, que o que facían era arrasar, facer pillaxe e levar todo o que podían das zonas de conquista. Ao mesmo tempo...
leer másA sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro.
Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.
A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.
Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.
Mañá, venres 1 de outubro, dá comezo a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.
Este venres o grupo de teatro Axouxeres, de Vilaronte-Foz, representará a obra Cousas de Mulleres.
O sábado, 2 de outubro, o grupo O Torques, de Burela, presentará O Randiña.
E o domingo 3 de outubro, Farándula Velutina, de Corcubión, porá en escena A derradeira bala.
Todas as representacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
A cita enmárcase na programación cultural do Concello de Ribadeo.
A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Benestar Social, informa de que os Xardíns Noriega Varela acollen ata finais de outubro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’. Esta exposición está promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Viveiro. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º...
leer másA finais do pasado mes de agosto foi presentado na igrexa de Santa María a Real do Cebreiro o novo proxecto do Colectivo Egeria, a mostra itinerante "NO CAMIÑO", que co subtítulo "As imaxes que viron os peregrinos" recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte. A mostra conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e nas vindeiras semanas percorrerá os Camiños de Santiago pola nosa provincia. No acto inaugural participaron o párroco de Santa María a Real do Cebreiro, Francisco Miramontes, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
No Camiño: Señores da luz, Señores da palabra
Son SEÑORES DA LUZ os que, aínda agora pero especialmente en tempos...