Mostra

Etiquetas:
09/06/2022

O complexo cultural Regalxunqueira de Viveiro acolle do 10 de xuño ao 28 de xullo a exposición de pintura Las montañas mágicas de Adolfo Falces.

Trátase dunha mostra na que o artista madrileño expón a paisaxe monástica de San Millán de la Cogolla, na Rioja, dirixindo a súa mirada aos picos máis elevados da serra da Demanda, San Lorenzo e Cabeza Parda. Este sistema montañoso vertebra a fronteira entre Soria, Burgos e La Rioja, ademais de configurar os fértiles vales a partir dos caudalosos ríos que nacen no lugar. O mosteiro, declarado Patrimonio Mundial en 1997, configura unha paisaxe cultural de crucial importancia para explicar o nacemento e desenrolo da lingua española e o temprano establecemento do monacato na Península Ibérica durante a alta Idade Media.

O proxecto artístico de Adolfo Falces pretende retratar...

leer más
Etiquetas:
04/06/2022
O Concello de Foz quere conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos este mes de xuño coa exposición da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 
 
Esta mostra cedida po lo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, pon de relevo os valores ambientais e patrimoniais do noso mar. Pero o mar é algo máis que reserva de peixe ou vía de comunicación. Así, nas aceas, a auga déixase canalizar ata os rodicios para aproveitar as marés. O mar é lugar de tráfico, de intercambio, de comercio. É tamén un espazo susceptible de balizar, de vixiar, de protexer. Daquela, foron levantadas fortalezas para defender a beiramar para eventuais agresores; fachos, luces e faros alumearon para clarear as singraduras dos navíos. Existe, xa que logo, as que se deron en...
leer más
Etiquetas:
15/05/2022

A Bretaña que hai en Nós (As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao) é o título da mostra que se pode visitar na Sala de Turismo de Ribadeo ata o vindeiro 30 de maio. 

A asociación de irmandade Ribadeo - Loctudy convída a coñecer esta exposición de marcado carácter divulgativo, centrada nunha das producións sobre arte máis emblemáticas de Castelao.

En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira viaxan a Bretaña e durante catro meses percorren a vella Armórica. Alí, Castelao establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Desta viaxe nace a obra de Castelao publicada en 1930 polo Seminario de Estudos Galegos, estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña e como documentación...

leer más
Etiquetas:
05/05/2022

Celebra o Día das Letras Galegas no comercio de Foz coa asociación cultural Andaravío. Este é o slogan da nova campaña que organiza AciaFozCCA e que permitirá ver traxes rexionais galegos nos escaparates dos negocios participantes. 

Javier Ben, presidente da asociación cultural Andaravío, explica que “lo que vamos a hacer es exponer nuestros trajes. Nosotros somos una asociación que divulgamos la cultura tradicional: nuestro traje, nuestra música, nuestro canto, todo. Empezamos con una exposición de trajes, que vamos a sacar a la calle colaborando con AciaFozCCA. Los propietarios de locales de Foz van a dejarnos una parte de sus escaparates para colocar nuestros trajes durante una semana cultural, que será la de las Letras Galegas”.

Ben lembrou que “AciaFozcca ya lo ha hecho varias veces con los disfraces de...

leer más
Etiquetas:
04/05/2022

A pintora madrileña Costafreda Ángeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela as súas obras realizadas ca técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada "Pinceladas de Primavera".

A exposición será inaugurada o vindeiro venres, 6 de maio, ás 19:30 horas e poderá ser visitada ata o 3 de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

 

Etiquetas:
02/05/2022

A mostra “Galiza. Un pobo, unha selección”, organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, continúa a súa itinerancia polas comarcas en Viveiro, onde poderá verse ata o 16 de maio. O deputado Efrén Castro inaugurou esta mañá a mostra, acompañado pola alcaldesa  María Loureiro e polo tenente alcalde Suso Fernández nos Xardíns Poeta Noriega Varela.

A exposición repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país nos Xogos Olímpicos, na traxectoria das seleccións galegas e na mobilización social arredor do dereito de Galiza a participar con equipos propios en competicións internacionais. Destaca así logros como a participación olímpica do viveirense Adrián Ben en Toquio 2020.

A mostra pode verse por primeira vez na comarca da Mariña, tras pasar...

leer más
Etiquetas:
21/03/2022

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación da 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña Lucense, organizada polo colectivo Tá en Artes. No acto, celebrado na Sala de exposicións do Complexo Sargadelos de Cervo, presentáronse as distintas actividades que se realizarán nos vindeiros meses arredor de Quique Guerra, artista homenaxeado nesta edición, entre as que se atopan unha mostra antolóxica da súa obra, que se poderá ver neste mesmo espazo a partir do 1 de abril e unha exposición homenaxe coa participación de máis de  vinte  artistas, que se poderá visitar no Cenima de Foz desde o 7 de abril ata o 6 de maio.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo facilitará a participación do alumnado da comarcas nas actividades, financiando as viaxes dos grupos escolares ata o Cenima de Foz, onde poderán...

leer más
Etiquetas:
03/03/2022

O complexo cultural Regalxunqueira, de Viveiro, acollerá desde este venres, 4 de marzo, a exposición de pinturas titulada Abraiados. O acto de inauguración dará comezo ás 20:30 horas.

A mostra presenta obras de Ángel Picos Pérez, Diego Pérez Dopico “J. Peak” e Serge Sozonov.

Ángel Picos é natural de Cedeira e leva máis de nove anos como pintor artístico, especializado no estilo impresionista que mestura nos seus traballos imaxes da nosa terra, tradicións e paisaxes.

Diego Pérez Dopico “J. Peak”, nado en Viveiro, non descarta ningunha temática na súa obra e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a demanda social.

Serge Sozonov, natural de Moscú e afincado en Galicia, ten unha técnica que implica o coñecemento de todos e cada un dos elementos que se lle...

leer más
01/03/2022

Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.

Esta exposición estará aberta de luns a venres na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 18 de marzo.

 

Etiquetas:
26/02/2022

Ata o 12 de marzo pódese visitar no Cenima, en Foz, a exposición do Entroido que neste 2022 está dedicada a Pé do Molete, unha peña focense que foi a pregoeira deste ano.

Trátase dun percorrido fotográfico polos seus anos de inxenio, acompañado do colorido dos disfraces.