Mostra
A sala de exposicións do CENIMA de Foz acolleata o 30 de agosto, a mostra titulada Catro por Catro con obras de Ángel Picos, Diego Pérez Dopico “J. Peak”, Serge Sozonov e Otero Regal.
A exposición, organizada polo Complexo Regalxunqueira, mostra pinturas do coruñés Ángel Picos, especializado no estilo impresionista e que nos seus traballos mestura imaxes relacionadas coas tradicións e paisaxes galegos.
Nesta exposición tamén o viveirense Diego Pérez Dopico “J. Peak” presenta retratos, paisaxes ou temas de denuncia social nuns cadros que son máis complexos do que a primeira vista pode parecer.
Ademais o moscovita afincado en Galicia Serge Sojonov mostra unha obra artística co dominio da técnica que implica ter coñecemento da forma, a proporción, a liña, a perspectiva, o espazo, a textura,...
leer másOutro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o sábado 6 de agosto ás 22:00 horas no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo Especial Arxentina.
Trátase dun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, que amosan con detalle cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir.... O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da cidade de xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires.
É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio formado por María...
leer másDo 29 de xullo ao 7 de agosto poderase visitar unha exposición de pinturas de Carmen Rodríguez a beneficio da AECC Ribadeo. Está organizada coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Esta mostra encontrarase na sala de exposicións do Campo San Francisco, en Ribadeo.
Dende a Asociación Bágoas da Terra continúan cos preparativos da XLII Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, que este ano se retoma do 1 ó 8 de agosto, cos días fortes entre o xoves e domingo, tras dous anos de parada obrigatoria pola pandemia, despois de celebrarse ininterrompidamente dende o ano 1979. 42 edicións dun festival punteiro de recoñecemento Internacional pertencente a CIOFF integrada na ONU-UNESCO do que Bágoas da Terra e Viveiro senten orgullo.
Bágoas da Terra volta con forza na organización desta edición da Mostra, que incluirá dúas exposicións moi interesantes relacionadas co Camiño de Santiago, unha delas denominada “A Memoria do Son” ca réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, na que por medio de códigos QR poderase escoitar cada un dos antigos instrumentos. O que será unha actividade...
leer másA Deputación de Lugo inaugurou este mércores na Sala Multiusos de Viveiro a mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidadeCegasal, unha asociación de persoas para as persoas. Esta exposición itinerante, impulsada pola institución provincial en colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), conta con 24 fotografías realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, foron os encargados de inaugurar a mostra.
García Pernas destacou a importancia de iniciativas coma esta que “dean visibilidade e poñan en valor o traballo que levan a cabo as persoas con...
leer másA Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas, marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.
As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.
A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María, de Foz acolle ata o vindeiro 18 de xullo a mostra titulada Florencio Delgado Gurriarán:Compromiso na distancia, en homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.
Organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, quere honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade.
O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pertence á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, que foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, converténdose nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.
... leer másMañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”.
A sala de mostras da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de xullo a exposición fotografía de María Simón, que foi inaugurada na tarde do luns polas edís de Cultura, e de Servizos Sociais, Dolores García Caramés, e Pilar Armada, respectivamente.
A mostra componse de 13 imaxes que recollen diferentes temáticas sociais; desde o oficio das redeiras ata diferentes instantáneas que a súa autora inmortalizou en tempos de pandemia.
O complexo cultural Regalxunqueira de Viveiro acolle do 10 de xuño ao 28 de xullo a exposición de pintura Las montañas mágicas de Adolfo Falces.
Trátase dunha mostra na que o artista madrileño expón a paisaxe monástica de San Millán de la Cogolla, na Rioja, dirixindo a súa mirada aos picos máis elevados da serra da Demanda, San Lorenzo e Cabeza Parda. Este sistema montañoso vertebra a fronteira entre Soria, Burgos e La Rioja, ademais de configurar os fértiles vales a partir dos caudalosos ríos que nacen no lugar. O mosteiro, declarado Patrimonio Mundial en 1997, configura unha paisaxe cultural de crucial importancia para explicar o nacemento e desenrolo da lingua española e o temprano establecemento do monacato na Península Ibérica durante a alta Idade Media.
O proxecto artístico de Adolfo Falces pretende retratar...
leer más