Mostra

Etiquetas:
15/07/2019

O próximo mércores, 17 de xullo, ás 18.30 horas terá lugar a inauguración da exposición “Arte e Ilusión” do artista mariñán Xosé López Losada, ‘Xolo’. 

A mostra poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 26 de xullo.  A exposición está composta por 20 pezas, escollidas entre máis de 600 cadros, coa que o autor agarda que os visitantes ‘disfruten véndoa e gocen dela tanto como el o fixo mentres creaba’. 

Durante o mes de xullo o horario de apertura do Castelo do Castrodouro é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Sobre o autor
Naceu en Ourol o 8 de Abril de 1967.

E explica que “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e...

leer más
Etiquetas:
10/06/2019

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira abre mañá martes, día 11 de xuño, dentro da programación da súa “Primavera Cultural 2019”, a exposición  “A cidade” do fotógrafo Pepe Ventureira.

“A cidade—di Ventureira--ocupa a vida de moitas persoas; a razón construída a base de beirarrúas, obríganos a vivir amoreados baixo a ditadura do verde e o bermello…”

https://www.pepeventureira.photography/

A exposición estará aberta até o vindeiro día 18 de xuño, de 17:30 a 20:30 os días laborables e de 12 a 14 horas os sábado e domingo na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro (Praza Maior).

Etiquetas:
10/05/2019

O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.

A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...

leer más
Etiquetas:
06/04/2019

A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle ata o vindeiro 30 de abril unha selección da obra de Xosé López Losada "Xolo", usuario da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña".

A mostra, denominada "Adaptacións", está composta por 15 obras escollidas entre máis de 200 cadros.

Xolo (Ourol, 1967) comezou a súa relación co mundo artístico de moi novo, aos 5 anos, tal e como el recorda. No ano 1987 trasladouse a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguiu Matrícula de Honra no primeiro curso da Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando, ata o 2005 que retomou a actividade. 

Etiquetas:
01/03/2019

Na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurouse a exposición Síntese. Trátase dunha mostra de 23 fotografías que recolle obras d@s participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II. Síntese poderase visitar ata o 10 de marzo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas. Ao acto de inauguración, celebrado esta mañá, asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Ana Martínez e Farruco Graña.

O rexedor ribadense dirixiuse aos asistentes dicindo: “estamos moi orgullosos de vosoutros e vosoutras de maneira xeral e particular, estamos moi orgullosos dos profesores e dos alumnos. Quero dicilo dunha maneira sincera porque non me canso de repetilo. Sempre digo que vivimos varios obradoiros no pasado que non teñen nada que ver con este. Valoro moito o que acaba de dicir a directora, que hai un esforzo moi grande...

leer más
Etiquetas:
25/02/2019

O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas  para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.

Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro  que  conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.

O acto inaugural terá lugar o vindeiro...

leer más
Etiquetas:
25/12/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, entregaron esta tarde os premios aos gañadores da terceira edición do concurso fotográfico "O meu recuncho de Mondoñedo”.  

A fotografía gañadora é de Andrea Gacio mentres que o segundo e o terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente. 

Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que dende o Concello elaboraron o calendario para o vindeiro ano 2019.

As fotografías estarán expostas na oficina de turismo durante todo o Nadal.

Etiquetas:
24/12/2018

A tenda Regal Fontenova en Viveiro acolle a exposición Armamos o Belén que permanecerá aberta ata o 15 de febreiro.

A mostra está composta por 30 beléns feitos en Regal Cerámica. Otero Regal fixo algún belén cos alumnos da primeira Escola-Obradoiro de Viveiro, co que ademais obtivo varios premios. Hoxe ten en catálogo 16 nacementos, e son varios os coleccionistas e museos que expoñen esas creacións.

A exposición complétase con nanas e panxoliñas galegas dedicadas a cada peza e música de Nadal.

 

Etiquetas:
13/12/2018

O complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle do 15 de decembro ata o 31 de xaneiro a exposición de pintura "Catro Médicos por Viveiro", de Jesús Vázquez, Leo García, Pablo Galego e Tino Cuesta. 

O grupo de pintura Cuatro Médicos é creado por Jesús Vázquez no Nadal de 2013, e está integrado por Leo García Méndez, médico en Vigo; Tino Cuesta, médico en Osoro; o ferrolán Pablo Galego, médico en Santiago de Compostela; e o propio Jesús Vázquez, médico en Lugo. Todos eles móvense no mundo do expresionismo, e contan cunha ampla traxectoria artística anterior á constitución deste grupo pictórico e paralelamente ao mesmo.

 

Etiquetas:
12/12/2018

Burela acolle unha exposición fotográfica titulada No colo da esperanza, do fotoxornalista Felipe Carnotto que se pode visitar  ata finais de decembro en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura. 

Segundo explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación “a mostra foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada Ruta dos Balcáns. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa”. 

O vindeiro 18 de decembro o propio reporteiro guiará ás e aos estudantes a través da exposición. Na mesma xornada a partir das 11.30 horas desenvolverase o espectáculo teatral O valo, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego...

leer más