Mostra
A sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 28 de xuño a mostra fotográfica Enfocando Historias, un proxecto levado a cabo por mozos e mozas de Down Lugo, coa colaboración da Fundación Teléfonica, baixo a tutela da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva; e que tamén contou nesta ocasión co apoio da Fundación Alcoa e o seu Plan de Voluntariado, que brindaron, ademais, a súa axuda na montaxe da exposición.
Á inauguración asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros do equipo de Goberno, ademais da xerente da Asociación Down Lugo, Delfina Pérez, representantes de Alcoa, persoas usuarias da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; e os propios autores, autoras e protagonistas da mostra: rapaces e rapazas de Down Lugo que describiron aos presentes o...
leer másAta o 16 de febreiro estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición cos traballos realizados nos cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres. O horario de visita de luns a venres será de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.
Á inaguración da mostra, que tivo lugar na xornada de onte, asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, e o alcalde, Alfredo Llano, que subliñou que "se trata de traballos de moita calidade. Merece moito a pena velos. Animo a todo o mundo a que se achegue pola Casa da Cultura ao longo dos vindeiros días para ver o resultado dos cursos de tempo de libre do CIM".
Ata o 11 de febreiro de 2018 permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro, no concello de Alfoz, unha exposición itinerante de ourivería antiga. Trátase da mostra “A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo”, que fai un percorrido por esta arte desde a idade de bronce ata a idade media. Inclúe unha réplica a tamaño real do Torques de Burela (S.II a.C. – S. I d.C.).
Ademais desta exposición itinerante o Castelo alberga outra permanente sobre as zocas. O acceso ás mostras e ao castelo é de balde.
O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.
Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo.
Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, inauguraron na Casa da Cultura unha exposición de fotografías de Alicia Castro Oroza.
A mostra titulada "Idílico Sabor" poderase visitar ata o 30 de outubro de luns a venres e horario de 10 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Mostra Folklórica Internacional, unha cita que ao longo das súas trinta e nove edicións converteuse, en palabras de José Manuel Balseiro, “nun dos máis importantes escaparates de cultura, da danza, do arte e da tradición en Galicia”.
O programa deste ano contempla un amplo número de actividades que se desenvolverán durante catro días -os vindeiros 3, 4, 5 e o 6 de agosto-. O domingo, será a quenda do peche estelar que sempre se corresponde coa Gran Gala Internacional da Mostra, todo un espectáculo que achega a Viveiro as diferentes culturas do mundo.
Durante a presentación da Mostra, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, tamén participaron membros do colectivo organizador como a presidenta...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha mostra de labores da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Son os traballos que fixeron ao longo do curso un grupo de 20 mulleres deste colectivo no local municipal de Castelo, baseados fundamentalmente na pintura e na técnica do macramé.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e de Muller e Igualdade, Pilar Armada, acompañaron na inauguración da exposición a unha representación deste colectivo.
A mostra, pódese visitar ata o día 30 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 horas, pola mañá; e de 18:00 a 21:00 horas, pola tarde.
As Espalladoras, da man da súa monitora Fuensanta Alonso, converteron a sala expositiva nunha casa, simulando o salón, os diferentes cuartos...
leer másA Deputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño García, inauguraron a mostra itinerante, A colección de ourivaría Antiga do Museo Provincial de Lugo, que estará exposta ata o 30 de xullo na Casa da Cultura do Concello de Burela, coincidindo coa Festa Castrexa que se celebra os días 14, 15 e 16 de xullo en dito municipio mariñán.
García Bermúdez destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, e con motivo desta importante distinción, dende o Goberno da Deputación,poñémos en valor a riqueza patrimonial galega e os fondos dos nosos museos, ao tempo que contribuímos cunha actividade lúdico-culturalá programación da VI edición da Festa Castrexa de Burela”.
A mostra propón unha visión...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da III edición da Feira e Mostra de Artesanía e Agroalimentación que se celebrará no barrio dos Muíños de Mondoñedo o sábado 24 de xuño.
No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e unha nutrida representación dos distintos artesáns que participarán neste evento.
De feito a Feira aspira a converterse nun punto de referencia da artesanía da Mariña lucense, para o que ademais aproveita un espazo –o tradicional barrio dos Muíños da cidade episcopal- que servirá de escenario ideal para que artesáns e agricultores amosen os seus produtos, poñan en valor e conciencien sobre a importancia de conservar estes oficios e os produtos locais máis tradicionais.
... leer más