
O escritor Manuel Esteban falará da súa novela, titulada A lei do mar, en Foz, Alfoz e Barreiros o venres 20 e o sábado 21 de febreiro.
Este venres, día 20 de febreiro, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Manuel Esteban, nun coloquio no que falará sobre a súa última novela: A lei do mar. Este coloquio está organizado polo Club de Lectura A carón dos libros e é aberto para todo aquel que queira asistir.
Ademais Manuel Esteban visitará o club de lectura de Alfoz, o mesmo venres 20 pola tarde, e o sábado 21 ás 12:00 horas estará no club de lectura de Barreiros, ámbolos dous actos organizados polos respectivos Concellos, anuncia Libraría Bahía, que explica: “a novela lévanos dos escenarios pandémicos en España ata a terrible realidade da xente que procura chegar ás costas europeas expulsados pola desesperación, e achéganos á complexidade dos rescates nos mar. Texto conciso e intenso, A lei do mar é unha novela que non deixa indiferente”.


