
O vindeiro domingo, 12 de abril, terá lugar o I Premio Escolas Vila de Ribadeo de ciclismo, que reunirá a 200 participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “as saídas das diferentes categorías produciranse entre as 15:30 e as 17:30 horas. Son alevín, infantil, promesa, principiante e cadete. Ademais haberá unha xincana que se realizará paralelamente, mentres estean correndo os cadetes, si o xurado técnico así o acorda”.
O edil ribadense dixo que “o domingo haberá diferentes restricións e modificacións do tráfico rodado en Ribadeo, xa que a proba discorre polas rúas da nosa vila. O aparcamento do porto permanecerá pechado durante o desenrolo da carreira”.
Silvent engadiu: “agardamos que o I Premio Escolas Vila de Ribadeo sexa un éxito e que as familias que acompañan aos xoves corredores gocen do seu paso por Ribadeo e de todo o que lles ofrece esta vila”.
O I Premio Escolas Vila de Ribadeo foi presentado no día de hoxe. No acto participaron o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Iván Rodriguez, que é membro do club Clementina.


