teléfonos móbiles
O Concello de Barreiros continúa achegando os talleres para uso dos teléfonos móbiles dirixidos especialmente a persoas maiores, poñendo en marcha os de Celeiro e Vilamartín Grande. Na semana do 12 de maio arrincarán novas sesións que terán lugar os luns de 11 a 12 nas escolas de Celeiro e os mércores no mesmo horario, impartiranse no Teleclub de Vilamartín Grande. As persoas interesadas poderán anotarse previamente chamando ao Concello no teléfono 982.124.002.
Estes talleres, impartidos polo obradoiro de emprego Máis emprego co seu módulo de dinamización, “permiten achegar o uso consciente e informado dos teléfonos móbiles ás persoas maiores e poñer nas súas mans unha ferramenta que lles permite sacar partida ao seu terminal”.
O proxecto iniciouse a inicios de ano coa posta en marcha do taller en...
leer más