Festival
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Nacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta próxima fin de semana, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.
Así, o sábado 30 terá lugar o Festival Nacional que arrincará ás 20:30 horas coa participación dos grupos Ximelga la Saya (Avilés), a Asociación Coros y Danzas Fermento (Valdepeñas, Ciudad Real) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.
Xa o...
leer másRibadeo inúndase de música esta fin de semana co festival de verán que se celebrará en Cabanela o sábado e coa actuación de Lítore Quartet no Mercado dos Domingos o 24.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “a música inundará esta fin de semana a nosa vila. Despois da intensa actividade que desenvolvemos durante o VII Ribadeo Indiano seguimos coa nosa axenda cultural para o terceiro trimestre de 2022, que arrinca co festival de verán que terá lugar o sábado, 23 de xullo, en Cabanela”.
A edil ribadense subliñou: “nese espectacular marco, a carón da nosa ría, a partir das nove e media da noite poderemos gozar coa música de TéCanela, que veñen presentarnos o seu traballo Al borde de la cordura. Neste festival contaremos tamén coa presenza de Los Jinetes del Trópico. A entrada é de balde. En caso de...
leer másOs días 10 e 13 de agosto terá lugar o Festival de Cine Curto de Ribadeo Ollo de Boi, que foi presentado esta mañá nas inmediacións do Teatro. Nel presentaranse oito curtametraxes e o público terá un papel moi importante.
A concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, asegurou que “dende a Concellaría da Cultura sempre apoiamos as iniciativas da xente da zona, e si por riba veñen de man de xente nova pos moito máis. Alegrámonos de que tomen a iniciativa, de que dean pasos adiante e sempre saben que teñen a nosa porta aberta sempre que esteamos en disposición de poder axudalos. Neste caso non o dubidamos, desde o primeiro momento nos pareceu unha iniciativa moi interesada e estamos encantadísimas de que salga adiante”.
Carme Rodríguez, propulsora da organización do evento, explicou que “o Festival de Cine Curto...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no CENIMA de Foz na presentación dunha nova edición do Festival Bal y Gay, unha cita que a institución provincial impulsa cunha achega económica de 12.000€ como referente cultural e turístico na provincia. A programación celebrarase do 12 ao 24 de agosto en oito concellos da Mariña.
No acto tomaron parte o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, e a directora do Festival Bal y Gay, Alba Rodríguez.
Pilar García Porto puxo en valor este evento musical que “xa é unha cita fundamental na oferta turística da provincia de Lugo”. “Polas súas...
leer másO Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula organiza un ano máis o Festival de Sargadelos, que se celebrará o 23, 24 e 25 de xullo. Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.
O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande, que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina. Partirán ás 9:00h e ás 9:30h respectivamente, as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no seguinte...
leer másGrandes artistas internacionales como Elisabeth Leonskaja, Orquesta Sinfónica de Galicia con Lucas Macías y Serena Sáenz, Cuarteto Quiroga, Pablo Ferrández, Armida Quartett, Carlos Mena, Real Filharmonía de Galicia, Dúo del Valle o Andreas Prittwitz actuarán en los mágicos escenarios lucenses de A Mariña con precios asequibles (12 a 15 euros) para todos los públicos. Las entradas ya pueden adquirirse en la web del festival: www.festivalbalygay.com.
12 de agosto 20:30 horas, Teatro Pastor Díaz de Viveiro REAL FILHARMONÍA DE GALICIA (15 euros) Interpretará ‘Serenata para cordas’ de Xesús Bal y Gay y la ‘Sinfonía no.7’ de Beethoven.
13 de agosto 20:30 horas, Pazo del Conde de Fontao de Foz ARMIDA QUARTETT (12 euros) Ofrecerá obras de Bach, Nikodijevic y Mozart.
... leer másAlfoz participa un ano máis en Atlántica Festival Internacional de Narración Oral os días 2 e 9 de xullo. É un dos 24 municipios nos que terán lugar actuacións do festival, un dos máis importantes da Península Ibérica, que leva unha década reunindo a todo tipo de públicos diante dunha tradición galega e, ao mesmo tempo tan internacional, coma os contos.
As actuacións serán no exterior do Castelo de Castro de Ouro, ás 20:30 horas, con acceso libre, gratuíto e dirixidas a público adulto.
O 2 de xullo: Santi Prego e Jorge de Arcos presentan “O teatro máis pequeno do mundo”.
Santi Prego é actor de teatro, cine e TV, titiriteiro e narrador oral a quen todos coñecemos polo seu traballo en series como Néboa, O sabor das margaridas, Rapa, etc. Comezou a contar a mediados dos anos '90 en institutos e as súas...
El ‘Festival Bal y Gay’ celebrará su novena edición del 12 al 24 de agosto y espera recibir a 3.500 espectadores en sus mágicos escenarios lucenses de A Mariña para admirar a prestigiosos artistas internacionales como Elisabeth Leonskaja, Orquesta Sinfónica de Galicia con Lucas Macías y Serena Sáenz, Cuarteto Quiroga, Pablo Ferrández, Armida Quartet, Carlos Mena, Real Filharmonía de Galicia, Dúo del Valle o Andreas Prittwitz. El evento se ha presentado hoy 17 de junio en la Ciudad de la Cultura de Galicia de Santiago con la presencia de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura de la Xunta de Galicia; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura de la Xunta de Galicia; Francisco Cajoto, presidente de la Mancomunidad de Concellos de A Mariña y alcalde de Foz; y Alba Rodríguez, directora del Festival Bal y Gay.
La nueva edición del Festival Bal y Gay, proyecto...
O Concello de Foz reinicia o festival VRAO, que se converterá “no mellor escenario da música independente galega. O Concello reúne o 13 e 14 de agosto unha selección dos mellores artistas da escena musical independente da nosa comunidade”, anunciaron o alcalde, Fran Cajoto e a concelleira de Cultura, Inés López, que presentaron o evento hoxe, xoves.
Fran Cajoto e Inés López destacaron que “o festival VRAO presentará nas rúas focegas os espectáculos de grandes bandas coma Dios ke te crew, Ortiga, Grande Amore ou Familia Caamagno. Tamén intervirán Momboi, Macheta Supahsound, Vilouta dj e Músculo! dj set. O Festival VRAO é a gran aposta da localidade cara aos creadores musicais galegos e os eventos culturais de calidade. Todas as actuacións do festival VRAO realizaranse nunha carpa habilitada na Praza Conde de Fontao, no porto de Foz, os...
leer másPresentouse na Praza de San Marcos de Lugo o Festival MindoMúsica que se celebrará do 3 ao 10 de xullo en distintos emprazamentos do concello de Mondoñedo, desde a Catedral ata as parroquias do rural, achegando a música a todos os públicos con concertos en pequeno formato, actividades divulgativas e espectáculos interdisciplinarios.
A coordinadora do festival e violinista Rebeca Maseda explicou que unhas das novidades e apostas desta cuarta edición é “a incorporación ao festival doutras artes, con espectáculos nos que a música dialogará con outras disciplinas como a danza, a performance ou a videocreación”, afondando no obxectivo do festival de propoñer unha oferta cultural de calidade no rural.
O programa arrancará o domingo 3 de xullo co Parroquias Tour, con concertos da formación EnClave Poético -César Morán...
leer más