Festival
Chega, outro ano máis, o Festival folclórico internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante. O evento, organizado polo Concello de Barreiros e a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, celebrarase o primeiro sábado de agosto, día 3, ás 21:30 horas.
Na súa cuadraxésima primeira edición contará coa participación de grupos de Arxentina e Kazajistán e coa agrupación O Arco da Vella.
A organización dá as grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia, a Abanca, ao Iberia CF e ao CEIP San Miguel de Reinante por colaborar con este evento.
Burela acolle un festival da escola de baile e música tradicional de Ledicia este sábado, 29 de xuño
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, rematará o curso 2023/24 da Escola de Baile e Música Tradicional cun festival aberto ao público onde participará todo o alumnado. Esta celebración terá lugar este sábado, 29 de xuño ás 18:00 horas na Praza do Concello.
“Convidamos á veciñanza a disfrutar do noso traballo”, di a organización do evento.
A Asociación Cultural Irmandade Augas Santas organiza a décimo primeira edición do Festival Histórico Augas Santas en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) este sábado, 22 de xuño.
Celebrarase a festa gastronómica do porquiño e año ó espeto, para a cea degustaranse sardiñas asadas e ademais haberá ruta a cabalo, mercado de artesanía, misa na honra de Santo Estevo, actuación de O Arco da Vella, vodas celtas e queimada con conxuro, entre outras actividades.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o sábado, 15 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Fin de Curso, dentro dos actos do 30 aniversario do centro. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
Hugo García, o responsable da EMMeD, salientou que o festival será “un ano máis unha caixa de sorpresas. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, porque cremos que a ocasión o merece e que os 30 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante este tempo”.
E subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén...
leer másA trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.
Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá un festival contra o cancro este venres, 31 de maio, ás 20:00 horas.
Está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer e participarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a asociación ribadense Amigos da Gaita e Maktub. Será presentado por Susana Álvarez (Susi).
A Coral Polifónica de Burela organiza o seu XXXII Festival das Letras Galegas, onde actuarán tamén a Coral Polifónica de Cariño e o Coro Parroquial de Landrove (Viveiro). Será este domingo, 12 de maio, ás 20:00 horas no auditorio municipal de Burela.
A organización anuncia que será “unha xornada de luxo no que a protagonista é a nosa fermosa lingua. Qué mellor maneira de agasallala que a traveso da música!”.
O festival de música Osa do Mar, de Burela, vén de presentar o cartel definitivo da súa décima edición, que contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias. O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu "apoio total ao festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán. Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila".
O Concello de Burela colabora na organización dun mercadiño en beneficio do festival Osa do Mar impulsado polo colectivo Fanto Fantini, entidade organizadora do propio evento.
O mercadiño terá lugar este domingo, día 7 de abril, de 11:00 a 19:00 na praza da Mariña, ou na praza de Abastos se chove. As persoas interesadas en participar cun posto todavía están a tempo de inscribirse, podendo contactar coa organización con tal motivo no correo fantofantinicomunicacion@gmail.com
O 25% do recadado ao longo da xornada será destinado a financiar o Osa do Mar, un festival de música sen animo de lucro que se celebra cada ano en Burela. Este ano, o evento terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro.
Xa está confirmado que esta nova edición do...
leer másO Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.
Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.












