Xove celebra o XIV festival folclórico infantil que organiza a asociación Saíñas este sábado, 12 de abril

O Concello de Xove anuncia o XIV Festival Infantil que organiza a Asociación Cultural Saíñas e que se vai levar a cabo este sábado, día 12 de abril, ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Na presentación do evento estivo Pepe Casariego, secretario da asociación Saíñas, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín.

Actuarán os grupos infantís da asociación Saíñas -as Xoaniñas e os Candís- acompañados por Cántigas e Frores, de Lugo, e Buxainas, de Cedeira.

O Concello de Xove invita a asistir a este evento, que “en cada edición reúne máis público asistente”.