Festival

12/04/2019

O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.

A rexedora municipal explicou: “temos preparado para esta Semana Santa, concretamente os día 18, 19 e 20 de abril, un amplo programa de actividades que combina a 14ª edición do Lourenzá en Xogo, que é o torneo de basket feminino que se celebrará neses tres días. Tamén teremos a colaboración, como noutras ocasións, de Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá que realizará unha gimkana e distintas actividades máis. E o xoves durante...

leer más
19/02/2019

O Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol continúa coa celebración do 40 Aniversario da súa creación. Para conmemorar esta efeméride, dende a coordinadora do CCD elaborouse un programa de actividades que leva por título “40 anos facendo camiño con Xesús” e que inclúe os seguintes actos:

-“40 anos de imaxes con Xesús”. Exposición fotográfica itinerante que se inaugurou na parroquia do Carme, en Ferrol, o pasado 4 de xaneiro e que xa percorreu diferentes lugares da nosa diocese: San Xosé Obreiro de Narón (do 18 ao 31 de xaneiro), Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros (do 1 ao 14 de febreiro) e Seminario de Mondoñedo (do 15 ao 28 de febreiro). En vindeiras datas estará en Ribadeo, tanto na parroquia como no local da Agrupación Belenista, e despois pasará por localidades como Foz, Burela, Viveiro ou Vilalba, entre outras....

leer más
Etiquetas:
19/12/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 22 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal, que se enmarca dentro dos actos do 25 aniversario do centro.

No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas, pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.

Pero sen dúbida o aspecto máis destacado do Festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde...

leer más
Etiquetas:
11/12/2018

O vindeiro sábado, día 15, terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía. O Concello colabora coa organización do evento, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.

A Coral Polifónica de Burela organiza este festival no que actuará xunto ás Corais Polifónica de Campo Lameiro, de Pontevedra, e La Encina de Mata de San Felices de Buelna, de Cantabria.

A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

20/08/2018

O 7 de setembro na praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, celebrarase a terceira edición do Festival Músico-Vocal Arcadio Mon.

Dará comezo ás 20:30 horas e actuarán Toni Cazás, Marga Gutiérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido.

Tamén se desenvolverá o terceiro certame para Novos Talentos Musicais, no que poden participar todos os rapaces e rapazas de menos de 20 anos, tanto cantando como interpretando algún instrumento musical. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, e premios de 300 euros para o primeiro, 200 euros para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Os/as interesados/as poden inscribirse a través do correo electrónico peinoster@gmail.com ou no teléfono 619 389 997.

O autor do cartel anunciador deste festival é o...

leer más
02/08/2018

O XXXVII Festival Folclórico Internacional do Emigrante celebrarase este sábado, 4 de agosto, en San Miguel de Reinante. No evento participarán grupos de Tailandia, Siberia e Serbia, ademais do local Arco da Vella. Mañá, venres, terá lugar unha nova edición da Foliada na que a música tradicional galega será a protagonista. Aquí daranse cita as agrupacións Amado Lar, Amigos da Gaita e Arco da Vella. A presentación do evento tivo lugar este mediodía no Concello de Barreiros.

Enrique Penabad do Arco da Vella anunciou que “os actos comezan o venres, día 3, cunha foliada popular onde pode vir calquera a tocar, bailar e pasar un rato con nosoutros escoitando música tradicional. O normal é que a xente do Arco da Vella toque máis que os demais, pero vai vir xente de Amado Lar do Valadouro, xente de Amigos da Gaita de Ribadeo e se aparece alguén...

leer más
Etiquetas:
27/07/2018

Ribadeo acollerá mañá, sábado, a vixésimo cuarta edición do festival de bandas de música, no que participarán as formacións de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a ribadense. Está organizado por Amadores da Música. 

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, explicou que o festival “empezará as sete e media da tarde, cun pequeno desfile das tres bandas participantes desde o Teatro, e a continuación no parque San Francisco, arredor das oito da tarde, comezarán as actuacións das tres formacións. En caso de choiva ou mal tempo trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval”.

 

20/07/2018

Este domingo, día 22, celebrarase a segunda edición do Festival Tradicional de Ribadeo, que organizan a Asociación Cultural Ronqueta e o Concello ribadense coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e o cuarteto tradicional Illa Pancha.

Será ás 20:00 horas no parque de San Francisco e actuarán os grupos da Asociación Cultural Abelladeira, de Ponferrada; da Agrupación Folclórica Mistura, de Lieiro-San Cibrao; e o grupo tradicional Marbadás, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Antes do festival farán un pasarrúas desde o Teatro ata o parque de San Francisco.

 

Etiquetas:
17/07/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá dous concertos na vila a vindeira semana. O mércores 25 de xullo terá lugar o do Día da Patria Galega, ás 20:30 horas no parque de San Francisco; e o sábado 28 de xullo, tamén neste escenario, celebrarase o festival de bandas, no que participarán as de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a anfitrioa.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo empeza coa súa serie de concertos desta tempada de verán. Esta semana que vén vai haber dous: un terá lugar o mércores, 25 de xullo, ás oito e media da tarde, no parque San Francisco, con motivo do Día da Patria Galega. O repertorio será variado, tanto con obras galegas como doutros estilos, xa que a banda participou con anterioridade no Ribadeo Indiano incluiremos algunha obra das que tocamos nesas...

leer más
11/07/2018

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico que se celebrará en San Ciprián a fin de semana do 20 e 21 de xullo, da man do Grupo Mistura de Liero.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros da asociación.

Este ano, haberá un día adicado as agrupacións infantís e, como novidade, un segundo no que participarán diferentes grupo nacionais de renome.

Así, o venres, 20 de xullo, terá lugar a II Festival Folklórico Infantil, a partir das 19:30 horas, e está prevista a participación dos grupos Amado Lar (Ferreira do Valadouro), Bágoas da Terra (Viveiro), Saíñas (Xove), Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e dos locais Mistura...

leer más