Ribadeo acollerá o 29 de xullo o XXVII Festival de Bandas, no que actuarán a de Vilalba e a local.

Mañá, sábado 29 de xullo, celebrarase en Ribadeo a XXVII edición do Festival de Bandas, no que actuarán as formacións de Vilalba e a ribadense. 

A partir das sete da tarde as dúas bandas farán un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco; e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as formacións ofrecerán primeiro unha actuación individual e despois tocarán unhas pezas as dúas xuntas.